Que fixemos no mes de Xaneiro na aula 7

Este mes de xaneiro apareceu na escola espinas de peixe por toda escola,. Seguimos os restos ate atopar un agasallo que nos deixou o Gato Garabato.

Trouxo fotografías de instrumentos musicais de corda, vento e percusión coas que decoramos un recanto da aula.

Aproveitando que temos un compi músico, invitámolo á aula para que nos tocara coa guitarra unhas cantas melodías. Como nos gustou!.

Este mes tocamos un  montón de intrumentos dende maracas, piano, guitarras, tambores…pero sen dúbida o que mais nos sorprendeu foi esta estupenda batería. Dimosllo todo.

Para decorar o patio fixemos un estupendo pentágrama.

Necesitaba unhas notas musicais que fomos pegar e descubrimos que hai notas que soan e outras que non.

Que fixemos no mes de Xaneiro na aula 6

Ola, qué tal vai todo? Por aquí seguimos superactivos e coa creatividade polas nubes. Imos contarvos qué fixemos durante o mes de Xaneiro. Mirade, mirade…

Xaneiro foi o mes da música, así que comezamos seguindo as espiñas que foi deixando o gato garabato que nos levaron ata unha ¡gaita! . Soaba moi ben e ó seu ritmo botámoslle uns bailes no patio xunto ós amigos da sala 5.

Tamén fixemos uns intrumentos musicais: maracas, violíns e pandeiretas. ¡Quedounos todo moi moi ben! ¿a que sí?

E para decorar a aula pintamos uns cedés e despois pegámoslles pompóns e colgámolos do teito. Son moi bonitos e brillan moito co sol.

Pero tamén fixemos outras actividades: gardamos cousiñas nas caixas da vida, xogamos cos calcetíns, … e mirade qué ven nos portamos mentres esperamos o conto na alfombra. Ah! E levámoslle a Celia, a nosa cociñeira, unhas pataquiñas que collemos na horta e fíxonolas con peixiño. Qué sorte temos!

Ata o próximo mes!!!

Que fixemos no mes de Xaneiro na aula 4

Que rápido pasa o tempo! Xa rematamos xaneiro, e aprendemos un montón a cerca da música, dos instrumentos…

Aquí vos deixamos unha mostra de todo o que fixemos este mes: escoitamos música variada ( música clásica, pop, cantigas galegas, rock, música infantil,…) , manipulamos distintos instrumentos e fixemos os nosos propios, e ata tivemos unha visita moi, moi especial: o noso director Riki nos veu a tocar a guitarra!!!. Foi todo moi divertido e aprendemos moito.

Queremos agradecer a todas as familias a súa participación, e aportacións de material! Mil gracias!

Que fixemos no mes de Xaneiro na aula 3

Este mes foi moi movido, xa que estivemos a traballar a danza. Menudos bailongos fixemos! Tamén tocamos e experimentamos con diferentes instrumentos e escoitamos diferentes tipos de música: heavymetal, pop, mexicana, galega, flamenco…

A parte disto fixemos cousas novas como pintar con remolacha, facer crebacabezas…

Que fixemos o mes de Xaneiro na aula 1

NIVEL I

Aula 1

Xa pasamos o mes de xaneiro no que traballamos a música. Que ben o pasamos cantando cancións e manipulando instrumentos musicais. A algúns nos gusta moito bailar mentres escoitamos o concerto do gaiterito Ramón. Nos portamos moi ben e cada vez somos máis maiores. Gracias pola vosa participación no noso cancioneiro viaxeiro. Uns saúdo e ata o mes que ven.

O CANCIONEIRO MUSICAL DE A CANTEIRA

Queridas familias:

Para traballar a música, que é o tema do mes de xaneiro, preparamos varias actividades, unha delas é un cancioneiro viaxeiro.

Un libriño de cada aula percorrerá todas as casas e pedímosvos que aportedes a vosa canción (unha cantiga popular, típica galega… esa que nos cantaban os avós cando eramos pequenos). E se tedes a posibilidade de achegarnos unha gravación da mesma sería estupendo.

Cando o libro teña pasado por todas as casas recopilaremos todas as cancións da escola para facer un gran cancioneiro.

Moitas grazas pola vosa colaboración

CALENDARIO A CANTEIRA 2014

Xa podedes descargarvos o novo calendario da Canteira 2014.

Nesta esta primeira edición quixemos seleccionar os mellores momentos da festa de Nadal 2013.

Dende a Escola, queremos agradecervos a vosa participación e atención para facer que este momento fose único.

O equipo da Canterira desexavos un ano cheo de saúde, alegría e tempo para poder disfrutar.

¡Que ben o pasamos o mes de Novembro!!

AULA 3

Xa pasou outro mes, e tivemos de novo a visita do gato Garabato. Non o vimos pero seguimos as súas pistas, o rastro dun montón de pelos de cores que deixou pola escola que nos levaron ata a entrada onde nos deixou material de modelaxe e una foto da escultura da Pardela do Castelo de Sta. Cruz.

Entre outras cousas, experimentamos con outros tipos de material co que modelamos formas, como o xeo con chocolate derretido; tamén manipulamos e probamos froitas do tempo (granadas, mandarinas…), unha forma divertida de traballar os sentidos e a motricidade fina.

E seguimos avanzando na nosa autonomía: o paso de gatear a andar, de andar a correr, a destreza á hora de manexar os cubertos na hora do xantar… que maiores somos!

AULA 4

Boas familias!

Aquí vos deixamos unhas fotiños coas que queremos mostrar canto traballamos este mes; manipulando diferentes elementos cos que creamos as nosas super esculturas!

Traballamos con plastilina, con pasta de modelar, con xeso,… sen esquecernos dos produtos do outono.

Pero non todo vai ser traballar, tamén desfrutamos dos bos días no xardín e xogamos un montón: