FESTA FIN DE CURSO 2012-2013

Boas tardes a tod@s!

Para dar por rematado este curso 2012-2013, fixemos unha gran festa na escola. Tivemos obradoiros de globoflexia, de pompas, de modelaxe con area e auga e paracaídas. E despois de tanto xogar había que merendar. As familias trouxeron cousas riquísimas. Puxémonos as botas, os nenos, as familias e tamén o persoal da escola!

Ademais de colofón deste curso, que esperamos fora de proveito para todos, esta festa foi para agradecer ás familias a colaboración e participación da vida da escola: MIL GRACIÑAS FAMILIAS!

Aquí vos deixamos a nosa reportaxe fotográfica deste evento.

Obradoiro de cociña:

Obradoiro de decoración do muro:

Obradoiro de globos de auga:

Obradoiro de maquillaxe:

Obradoiro de pompas xigantes:

Obradoiro de pulseiras:

Merenda:

E AGORA…

A DISFRUTAR DO VERÁN!

Bos días a tod@s!
As hortalizas da Canteira queren facervos unha pequena mostra do Xardín das Delicias que fixemos en colaboración coas nosas familias.
Moitísimas grazas por axudarnos!!!

O DÍA DA ÁRBORE

O pasado xoves, na Canteira, celebramos o Día da Árbore.

Escribimos un conto para contar xunta a nosa árbore e elaboramos uns adornos para que estivera ben bonita. Gustounos moito coidar a árbore e darlle tanto agarimo!

Tódolos amigos quixemos celebrar este día:

FESTA ENTROIDO

Ola familias!

Hai moitas maneiras de comezar a semana, pero que mellor maneira de facelo que recordando o ben que o pasamos na Festa de Entroido.

Aquí vos deixamos unha pequena mostra de imaxes para que vos axuden a lembrar.

MOITAS GRAZAS FAMILIAS POR ASISTIR, COLABORAR E PARTICIPAR!!!

FELIZ SEMANA!

ALERTA LARANXA

A Axencia Estatal de Meteoroloxía (AEMET) informa, no boletín emitido o día 17-01-2013 ás 08:56 horas, dun fenómeno meteorolóxico adverso de nivel laranxa por CHUVIA.

A CORUÑA: A partir das 06:00 horas do 18-01-2013, a precipitación acumulada en 12 horas poderá superar os 60 mm e a precipitación acumulada en 1 hora poderá chegar a 15 mm. nas zonas de Interior, Oeste e Suroeste (NIVEL AMARELO).

Polo que dende a nosa escola pedímosvos que adoptedes as medidas preventivas necesarias ante as citadas predicións meteorolóxicas.

Un saúdo do Equipo Educativo.

FESTA DE NADAL. MERENDOLA

Ola familias!

Pensabades que iamos rematar o ano sen recordarvos como rematou a Festa de Nadal?

INOCENTES!

E despois de botarnos unhas risas coa toupiña e @s seus amiguiñ@s, nada nos puido prestar mellor ca unha boa merendola en boa compañía ó son das panxoliñas.

Mil grazas a tod@s por asistir e por traernos eses ricos doces para acompañar á chocolatada.

E grazas tamén á nosa superchef e ás súas axudantes, por facernos ese sabroso chocolate!

FELICES FESTAS E ATA O ANO QUE VÉN!