Benqueridas familias:

Case sen darnos conta xa está aquí o Nadal, e dende a escola querémosvos animar a participar da festa que se celebrará o vindeiro 20 de decembro.

Este ano gustaríanos facer unha pequena representación teatral tendo como fío conductor a tradición de “O Apalpador”, para quen non a coñeza:

Trátase da figura mítica dun carboeiro que baixa a noite do 24 ou 31 de decembro, a tocar a barriga dos nenos/as  para ver se comeron suficiente durante o ano, deixando un montón de castañas,  algún agasallo e desexándolles que teñan un ano novo cheo de felicidade e comida.

Para iso soliciatmos da vosa participación: precisamos unha nai/pai, avó/avoa, tío/tía… para facer de Apalpador, tamén varios familiares para facer de nenos/as . O máis importante e que teñades moitas gañas de pasar un momento divertido.

A caracterización de O Apalpador sería algo moi sinxelo: unha camisa de cadros, un pantalón de pana, unha perruca e unha barba roiba e unha boina, pero non  vos preocupedes que nós encargámonos de todo iso!

As persoas que esteades interesadas en participar falade cos titores dos vosos fillos o antes posible, xa que o tempo se nos bota enriba.

Sabede que o equipo educativo vaivos a dar o texto da historieta,  e estaría encantado en quedar para ensaiar antes da estrea.

Non o pensedes máis, ide falar axiña para empezar canto antes.

Moitas grazas pola vosa colaboración

Un saúdo, o equipo da Escola Infantil A Canteira

QUE RICAS CASTAÑAS DO MAGOSTO!!

Aquí tedes unhas fotos de como quedou o mural no que participáchedes moitos de vós… Isto foi o que inspirou ao gato Garabato para enviarnos unha postal cun pequeño anaco deste traballo

Así este ano imos a investigar, como xa sabedes, distintos tipos de arte:

A aula 1 recibiu a postal da música.

A aula 2 recibiu a postal da pintura.

A aula 3 recibiu a postal da arquitectura.

A aula 4 recibiu a postal da escultura.

A aula 5 recibiu a postal da danza e o teatro.

A aula 6 recibiu a postal da literatura e a historieta.

A aula 7 recibiu a postal do cine e a fotografía.

ENLACES RELACIONADOS COAS ARTES

Aquí vos deixamos uns enlaces que vos darán algunha idea para colaborar coa introdución deste novo proxecto “ Descubrimos as artes”.

ARTE Y MERCADO Nesta páxina poderedes atopar dende obradoiros, autoguías e debuxos para os mais pequenos; así como as propostas dos museos da cidade de Coruña.Non vos esquezades de votarlle unha ollada ao Museo de Bellas Artes.

BAILE GALEGO Páxina de asociación cultural Xacarandaina onde ofrecen imaxes e vídeos das súas actuación de baile tradicional galego.

CASTELO DE SANTACRUZ Paxina oficial do Castelo de Santa Cruz onde atoparedes imaxes e información deste histórico monumento.

CORUÑA INFANTIL Todos os eventos que están programados na nosa cidade  tédelos aquí anunciados.

DANZA Páxina que nos ofrece múltiple información sobre a danza en xeral, e os seus tipos.

ESCOLARIZANDO Se buscades láminas, sons e material para pasar unha tarde divertida cos vosos fillos e fillas esta é sen dúbida a vosa páxina.

FOTOGRAFÍA Páxina onde podedes atopar en fotografía moitas das esculturas e edificios do Concello de Oleiros.

FUNDACIÓN BARRIE Páxina da Fundación Barrie na que podedes atopar actividades para facer en familia, recursos on-line, conferencias…

HISTORIETAS Mostra en trece apartados os recursos gráficos e narrativos empregados nas “historietas”.

LITERATURA Unha mostra dos recursos literarios que podemos atopar nas nosas librerias.

MÚSICA Paxina web onde poderedes atopar un sinfín de recursos para achegar dun modo lúdico a música aos mais pequenos.

TEATRO Neste pequeno espazo cultural poderedes asistir ás funcións de teatro cos mais pequenos da casa.

VENTO EN POPA E A TODA VELA!

Levamos uns días en marcha  e, aínda que comezamos hai pouco, nestes primeiros días do mes  xa comezamos a encamiñar o novo curso.

Todo o equipo, cheo de enerxía despois deste fabuloso verán, desenvolvemos diferentes tarefas para poñer a punto a nosa escola.

Son moitos os preparativos que implica o comezo dun novo curso: realizar reunións organizativas xerais  e por niveis, concretar  os últimos detalles do proxecto que imos traballar de aquí ata xuño, decorar e prover de material didáctico cada aula e espazos común de forma atractiva e acolledora, a recompilación de datos e particularidades sobre o alumnado, realizar entrevistas, a preparación da xuntanza coas familias…

Un destes preparativos foi a realización da xornada de portas abertas que xurdiu en torno o proxecto deste curso, DESCUBRIMOS A  ARTES.

Para ir introducindo o proxecto dende ben cedo, comezamos elaborando e proxectando unha serie de diapositivas sobre producións artísticas priorizando as cercanas ó noso contorno próximo.

Tamén puxemos a vosa disposición todo tipo de materiais para entre todos facer a nosa propia produción artística e comezar a espertar a curiosidade e creatividade.

Dentro de pouco poderedes ver máis información nos recantos de pais e nais sobre a arte á que nos imos achegar cada mes ata finalizar o curso e como o imos a enfocar.

Así mesmo,  convidámosvos a participar coa escola a través das artes. A medida que avance o curso irémosvos dando pistas para que todos e todas teñades a posibilidade de colaborar con nós e tamén si se vos ocorre como participar na vida da escola podedes comentar as vosas ideas co equipo educativo.

Pero de momento estamos en adaptación, quizais o peor mes do curso para todos (nenos e nenas, pais e nais… e tamén para as/os profes!) e estamos todos centrados en conseguir superar este período o máis pronto posible e sen complicacións.

A adaptación é un proceso que todos os implicados (crianza, familia, escola) teñen que pasar superando determinadas fases:

Por isto e porque cada neno é un mundo, lembrade respectar o seu ritmo.


Desexámosvos una pronta adaptación á escola!

O QUE IMOS NECESITANDO!

Oleiros, a 11 de setembro de 2013

Estimadas familias:

Unha vez iniciado o curso, queremos pedirvos a vosa colaboración para reforzar a autonomía dos nenos/as e axudarnos a axilizar o noso traballo, e, polo tanto, a mellor atención dos vosos fillos/as. Así pois, agradecémosvos que lle poñades velcro ós mandilóns. Non é necesario que merquedes mandilóns novos, basta con que lle poñades velcro na zona dos botóns.

E para favorecer a hixiene dos nenos/as necesitaremos sempre dous mandilóns limpos na escola: un para as actividades e outro para a hora do xantar. Ámbolos dous mandilóns mandarémosvolos para lavar tódolos venres.

Aquelas familias que necesitedes mandilóns a maiores, debedes saber que o único que vos pedimos é que teña velcro, os demais elementos, como a cor ou os debuxos, é unha decisión persoal de cada familia. E para aquelas familias que lles interese, na recepción do centro podedes mercar un mandilón co logotipo do Consorcio (custe: 12 euros).

Non vos esquezades de que tanto os mandilóns, coma a roupa e todo o que traiades da casa, ten que vir ben marcado co nome.

Desculpade as molestias e grazas pola vosa colaboración.

O equipo educativo.

A ADAPTACIÓN

A  ADAPTACIÓN é o tempo que os nenos e nenas precisan para asimilar progresivamente os cambios que se producen coa incorporación á escola.

A adaptación supón un cambio moi importante nos/as nenos/as porque …

saen do mundo familiar coñecido, dun ambiente protexido onde son o centro de atención.

…deben establecer vínculos con xente descoñecida ata agora.

… teñen que esforzarse por orientarse e explorar autonomamente

novos espacios e materiais.

… comparten cos seus iguais a atención e o afecto dos adultos da aula.

… inícianse no camiño á socialización: seguir o ritmo colectivo, aprender a agardar quenda, a negociar …

CONSELLOS PARA UNHA BOA INCORPORACIÓN

Á ESCOLA

  • Que a persoa encargada de acompañar a nena ou neno os primeiros días á escola sexa a mesma.

  • Espertar a/o nena/o con tempo abondo para almorzar e vestirse con calma para non andar ás carreiras.

  • Chegar puntual para que non perdan as dinámicas da aula e os/as titores/as poidan facer unha benvida individual.

  • Facer as despedidas breves, con tranquilidade e explicándolle o motivo polo que ides marchar (mercar pan, chamar por teléfono…), co fin de que non teñan a sensación de abandono ou incertidume.

  • Recoller a crianza con puntualidade para evitar disgustos, deixando a un lado as queixas e centrándose no que fixeron, facerlles preguntas sobre os compañeiros…

  • Non utilizar a escola e ao persoal como ameaza (xa verás cando vaias á escola, como te vexa a/o profe…)

  • Respectar o ritmo de cada neno/nena sen facer comparacións cos outros e non marcar prazos.

  • Non forzar en ningún momento a que xogue, a que saúde ou se relacione…

  • Traer un obxecto de apego pode axudar nos primeiros días, xa que proporciona tranquilidade e seguridade.

  • Os primeiros días é imprescindible facer unha incorporación progresiva e ir aumentando pouco a pouco o tempo de permanencia na escola.

  • Ter unha boa comunicación familia-escola é fundamental para a adaptación da crianza.

DENDE A CASA TERASE QUE TRAER:

° Unha ou dúas mudas completas de reposto para deixar na escola.

° Cueiros, toalliñas e crema, se utilizan.

° Manta ou saco de durmir para o inverno e saba para o verán, se dormen sesta.

° No caso dos bebés: biberón, leite e cereais para cada toma (todo medido) e un biberón de auga ou vaso antigoteo.

° Chupete se o utilizan ou o seu obxecto de apego.

Todo o material terá que vir MARCADO CO NOME da/o nena/o.

O persoal, a súa vez, comunicaranvos a necesidade de calquera outro material

preciso durante o curso.