Galicircus abre as súas portas este mes de setembro e continuará ata o vindeiro mes de xullo.
Collede un pouco de palomitas que a primeira función vai comezar.
Os e as equilibristas amosaranvos a súa destreza subindo e baixando polos bancos, camiñando enriba das líneas sen caer…
Subirse os zancos non é tarefa sinxela, pero para os equilibrista do Galicircus non teñen ningunha dificultade.
Unha, dúas, tres e ata catro pelotas son capaces de facer voar os e as malabaristas polo aire.
Nesta función faremos un montón de pelotas malabares con globos e arroz. Intentaremos lanzalas ao aire, primiero unha, despois dúas…, con coidado de que non caian ao chan.
Os magos e as magas de Galicircus cambiarán coa súa bariña máxica a cor da auga e converterán un obxecto pequeno en grande; pero para iso é necesario dicir sempre as palabras máxicas: ABRACADABRA PATA DE CABRA.
Como artista invitado contamos coa presencia de Robustiano Fratelli; a súa forza e coñecida no mundo enteiro.
Os forzudos e as forzudas levantarán todo aquelo que lles propoñades.
O Paiaso plim plim pinchouse o nariz e aos cinco minutos fixo forte ACHISSSS
Os paiasos e as paiasas de Galicircus son moi bromistas, en canto te descoidas píntanche o nariz e a cara para darlle un pouco de cor.
Tigres, tigres…leóns, leóns todos queremos ser domadores!
Con moito coidado os domadores e as domadoras do circo conseguirán algo nunca visto; o can Xan Pedro saltará dun lado para outro atravesando un aro cheo de lume.
Tede moito coidado, gústalles moito invitar aos asistentes a saltar dentro.
A función chega ao seu fin.
Non vos preocupedes que haberá un montón de actuacións o longo deste curso, ide collendo os tickets para non perder nada.
A nosa benvida un ano mais, e un saúdo moi especial e a todas aquelas familias que se incorporan por primeira vez ao noso particular Galicircus.