Aula 3. Selección fotos ENERO

Boas familias!!!

Como xa sabemos que has estades esperando…aquí vos vai a selección de fotos do mes de xaneiro…no cal fixemos moitísimas actividades polo que o resumo é moi variado!! Estamos a traballar o corpo, as súas partes, sensacións, sentidos, a roupa que poñemos no inverno…así que abride ben os ollos…e esperamos que disfrutedes ao vernos traballar e aprender con tantas ganas!! Os cangrexiños da aula 3 mandan un milleiro de bicos para tod@s!!!!

11 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10

 

A SALA 3 EN DECEMBRO

Nestre mes de decembro…a aula dos cangrexiños quere desexarvos unhas felices festas!!! Ademais de amosarvos algunhas das actividades máis divertidas que fixemos!! Prestade moita atención que aquí aparecemos xogando nunha rampa chea de pelotas para traballar un pouquiño a motricidade grosa, subiendo e baixando pola rampa, recollendo pelotas, lanzando…Ademais fixemos un turrón  boísimo de galleta e chocolate que despois comimos e que nos encantou!!Para poñer a proba a sensibilidade dos nosos pés, camiñamos descalzos sobre distintas texturas: ásperas, rugosas, suaves, brandas…e como non podía faltar nesta data…manipulamos distintos adornos que soemos utilizar para decorar as nosas casas no Nadal coma espumillón, bolas, estrelas, cadeas de boliñas, figuriñas…e con pasta branca fixemos distintas figuras para o noso mercadiño solidario, como vedes…pasámolo fenomenal!!! Esperamos que vos guste o noso resume!! Saúdos!!

2-12-15 123 2-12-15 018 2-12-15 020 2-12-15 031 2-12-15 033 2-12-15 050 2-12-15 051 2-12-15 074 2-12-15 098 2-12-15 114

A SALA 4 EN DECEMBRO

Ola familias!

 

Para que a volta a rutina sexa máis levadeira; quixemos seleccionar os mellores momentos deste pasado Nadal.

Os nenos e nenas exploran o seu contorno manipulando, experimentando, observando…por iso quixemos enfocar esta temática a través dos sentidos polo que adicamos un día ao tacto, outro ao gusto, ao oído, a vista e olfato.

 

Mirade cantas cousas fixemos e que ben o pasamos!

 

Comezamos esmagando galletas para facer un rico turrón de chocolate que despois saboreamos moi gustosamente.

2 (1)

2 1

1 (2) 1 (1)

As laranxas e os limóns foron os protagonistas do olfato e do gusto!

A mestura do doce e agrio foi un acerto.

3 (1) 3

 

Sorprendeunos unha instalación de psicomotricidade con elementos de Nadal. Tivemos bolas de distintos cores, guirnaldas, luces…Gustounos un  montón!

4 (3) 4 4 (1) 4 (2)

 

E para contribuir a unha boa causa…fixemos uns adornos de Nadal con pasta de modelar! Quedaron super bonitos.

5 (2) 5 5 (1)

 

Unha aperta moi forte e vémonos moi prontiño.

 

 

 

 

FOTOS NIVEL II (AULA 3)

Unha vez que xa conseguimos interiorizar a dinámica da aula, coñecemos ós compis e disfrutamos en todos os espacios da escola era hora de profundizar nas actividades.

Encántanos xogar co cestiño dos tesouros, que para os que non o coñezan é un material de estimulación a través dun montón de obxectos cotiás de diferentes tamaños, formas, tactos (peines, esponxas, lás, espellos, teas, froitos, paos, latas, culleres, chaves…).

Aproveitamos os elementos típicos do tempo para manipular: follas de Carballo, follas de pino, millo, castañas… e tamén manipulamos cabazas (tocámolas por fora e por dentro, quitamos as sementes, e algún incluso quixo probala) e granadas.NOVEMB (7) 11-11-15 (28) 11-11-15 (40) NOVEMB NOVEMB (1) NOVEMB (2) NOVEMB (3) NOVEMB (5) NOVEMB (6)

Fotos Nivel II – Aula 3 (Outubro)

Boas a todas as familias!!!!

Os cangrexiños da aula 3 queremos ensinarvos algunhas das actividades máis divertidas feitas ata o momento!! Cada día nos atopamos máis a gustiño e amosámonos curiosos e grandes exploradores… Neste resumo podedes ver a presentación de Lami, como xogamos co cestiño dos tesouros, rodamos coma croquetas, decoramos unha cabaza con gomets, xogamos con follas secas…e tamén veredes o que nos gusta o momento de comer a galleta!

9 8 7 6 5 4 3 2 1 10

OS FORZUDOS NO MES DE MAIO

Ola familias case acabando este curso e queremos que vexades algunhas das actividades que propuxemos para este mes de maio: experimentamos con froitas típicas dete temporada, como son o melón e sandía; fiixemos un poercorrido coas motos e coches no patio cuberto, algunhas do xardín e xogando a médicos que é a novidade deste mes e lles apasiona.

Esperamos que sexan do voso agrado.

DSCN8747 DSCN1170 DSCN1173 DSCN1308 DSCN1309 DSCN1311 DSCN8724 DSCN8742

Un saúdo das vosas titoras e ata o próximo mes.

OS PAIASOS NO MES DE MAIO

Xa temos as fotos do mes de Maio, no que recibimos a visita dos bombeiros, disfrutamos do bo tempo almorzando e collendo flores no xardín, así como facendo todo tipo de actividades e experimentando con novos materiais.

¡Un saúdo e ata o mes que ven!

IMG_6354 DSCN8658 DSCN8660 DSCN8738 DSCN8739 DSCN8741 IMG_6350 IMG_6352