As nubes en setembro
Ola familias!
Os peixiños e as tartarugas do curso pasado, convertémonos nunhas traviesas e alegres nubes, tan alegres, que case nin precisamos adaptación.
Aquí vos deixamos un pequeno resumo do que foi setembro para nós:
Lemos contos, xogamos cos coches, cos animais… Coidamos dos nosos bebés: dándolles de comer, lavándoos, durmíndoos… e cando nós estabamos cansos/as, tamén nos relaxamos no recanto da alfombra…
Tamén comezamos a facer o encontro e ata saimos a recoller peras e mazás das árbores do noso xardín… que nolas deixaron logo para xogar porque estaban un pouco duras, pero a nós tanto nos ten, porque lle botamos o dente igual!

Algún momentiño de debilidade tamén tivemos, pero nada grave que non se solucionase coas pompas de xabrón.
E para animarnos un pouco máis, tampouco nos faltaron as visitas sorpresa de Luis, que no momento menos esperado aparecía con algunhas das súas cousas… Segredos nosos, porque non se pode contar todo, pero si que o botamos de menos, e tamén a Yoli. Hai cousas que se notan sen necesidade de dicilas. Só hai que ver o contentos/as que nos poñemos cando os vemos polos corredores. Unha sorte que os poidamos seguir vendo tódolos días, verdade?