Estimadas familias:
Comeza un novo curso e comezan os primeiros avisos.
Deixovos o menu de bebés programado para este ano para que o teñades presente.
Un saúdo
Neste mes o que máis aproveitamos foi o xardín, aínda que tamén fixemos actividades dentro ; xogamos cas vasoiras, con zapatos, cas caixas de cores.. e tamén manipulamos laranxas e limóns no obradoiro que compartimos cas familias para a festa de fin de curso.
Esperamos que pasedes un bo verán e vémonos en setembro coas pilas cargadas.
Moitos bicos das profes do nivel I
Ola de novo!
Aquí temos máis fotiños deste mes de maio. Fixemos traballiños de psicomotricidade grosa, manipulamos diferentes texturas con telas de cores.
Tamén celebramos o día da familia facendo unha instalación con espaguetes. Agradecemos a vosa visitas os pais que puideron acudir.
Biquiños e ata pronto!
Ola familias!
Neste mes de Abril seguimos traballando moito , fixemos unha instalación con maicena, coladores…Tamén manipulamos troncos de madeira de diferentes tamaños. Seguimos cas nosas rutinas da aula, cada vez nos gustan máis os contiños.
Cada chegada do bo tempo animámonos a saír ó xardín. ¡Qué ben o pasamos!
Un biquiño!
Ola papis:
Neste mes de Marzo fixemos moitas actividades coa chegada da primavera; manipulamos terra para prantar unhas sementes nos vasiños que trouxéchedes da casa para decorar a entrada da escola, probamos algúns alimentos coma a cenoria, plátano …
Un día quitamos os zapatos e fixemos un circuito de texturas, que ben o pasamos experimentando novas sensacións .
Vémonos o mes que vén. Biquiños!
Ola familias:
Xa pasou outro mes e seguimos avanzando pouco a pouco. Cada semana somos quen de estar atentos durante máis tempo no momento do encontro, onde vemos contos, cantamos cancións, vemos tarxetas de imaxes… e xa acudimos á alfombra cando escoitamos a canción que indica que comezamos a actividade.
Tamén recoñecemos o momento do almorzo, onde degustamos galletas, froita ou pan.
Como chegou a primavera plantamos con axuda das profes unhas sementes que xa comezan a agromar, e seguimos facendo outras actividades de experimentación, como a que fixemos con cenoria cocida. E moitas cousiñas máis…
Vémonos pronto| Biquiños!
Ola a tod@s:
Despois dun tempo sen vernos deixámosvos unha mostra dalgunhas cousiñas que fixemos nestes meses.
Durante a semana do Entroido disfrazámonos con diferentes atuendos ,ensaiamos unha canción para a festa…Tamén festexamos o 1º aniversario dos nenos da Casa do Cortello. Ó final visitamos a aula dos Furaterróns para cantar e bailar con eles. ¡Pasámolo moi ben! ¡Seguro que voltamos !
Vémonos axiña, biquiños.