Sala dos Berberechos

 

Antes de nada perdonade pero tivemos problemas coas fotos e non as puidemos subir antes.

Que ben o pasamos este mes de decembro facendo galletas de Nadal, decorando con adornos e luces, e preparándonos para a chegada de Papa Noel e os Reis Magos.

Entre outras instalacións destacamos a de papel triturado, semellando a neve do inverno.

Compartimos moitos momentos de xogo, mostrándonos cada vez máis autónomos á hora de resolver problemas.

 

PROXECTO DE INTERVENCIÓN ASISTIDA CON ANIMAIS

ESTIMADAS FAMILIAS:

Como vén sendo habitual dende hai dous anos, recibiremos na Escola a visita de NUBA, para levar a cabo, cos/as alumnos/as de 2-3 anos unha actividade de intervención asistida con animais.

Dita actividade terá lugar en tres sesións diferentes, os días 3, 9 e 10 de MAIO.

Deixamos nos casilleiros das/os vosas/os fillas/os unha autorización para a realización da actividade. Esta autorización terá que estar asinada e entregaráselle as/os titoras/es das aulas.

Grazas pola vosa colaboración

A dirección da Escola