AULA 6: MOMENTOS DE MARZO E ABRIL

Ola familias! 

Por fin estamos de volta para compartir con vos os mellores momentos das nosas xornadas na aula. Pero para comezar polo máis importante presentámosvos a Solomiia, unha nova compañeira á que recibimos con moito interese. Benvida!

Neste tempo desfrutamos de instalacións e minimudos realizados con diversos materiais: tubos de cartón, tapóns, oveiras, pan relado, flores, bloques sensoriais…

Experimentamos tamén con avena, neve artificial (bicarbonato e auga) e ata con cacao en pó; fixemos actividades de motricidade fina e, por suposto, pasámolo pipa nos momentos adicados ao xogo simbólico.

Traballamos e coidamos a nosa horta. E non esquecemos os ratiños que pasamos no xardín.

Ata pronto!

Yoli e Estrella

 

 

DECEMBRO E XANEIRO NA AULA 5

Ola a todos e todas,

estes dous meses foron moi movidiños. Na aula tivemos moitos altibaixos na asistencia pero sempre intentamos pasalo da mellor maneira, propoñendo actividades para todos os gustos.

Polo medio festexamos o Nadal á nosa maneira, con receita de boliñas de coco e cenoria, cunha caixa sensorial de Nadal con luces e adornos, tarxetas pintadas con ceras e pintura de dedos, e decoradas con pegatinas…

Xaneiro estivo algo máis tranquilo, aínda que non menos divertido. Recuperámonos das festas e voltamos á rutina. Xogamos con bonecos, pintamos con remolacha…

Saudiños!!!

 

XANEIRO NA AULA 6

Ola! Como estades familias?

Aquí vos deixamos unhas fotiños do mes de xaneiro, onde veredes o moito que experimentan e xogan as vosas crianzas. Nelas  temos propostas para traballar o inverno con roupa de abrigo e simulando neve con algodón para facer un boneco de neve; o xogo simbólico con bonecas, cociña, médicos; minimundos con animais, elementos de madeira e da natureza; propostas sensoriais coa mesa de luz e papeis de cores; experimentación con chía, auga e colorante; pintar en horizontal e vertical coas mans e pinceis; pegar gomets…

Esperamos que vos gusten!

Bicos de Estrella e Yoli.

 

AULA 6

Ola familias!

Estamos de novo con vós para compartir unha pequena mostra da nosa andaina na escola neste pasado mes de novembro.

Esperamos que vos gusten as imaxes que seleccionamos, nas que poderedes ver como nos desenvolvemos en actividades manipulativas, sensoriais, de experimentación, de psicomotricidade fina e grosa, nas saídas ao patio e ata festexando.

Vémonos por aquí o próximo mes. E desfrutade das festas, que xa non tardan!

Unha aperta,

Yoli e Estrella.

NOVEMBRO NA AULA 5

Benqueridas familias,

xa pasou outro meses case sen darnos conta. Unha vez superadísima a adaptación e con ganas de aprender cousas novas, comezamos a explorar cada recanto do xardín, aproveitando todo o seu potencial no outono e comezamos tamén a disfrutar das instalacións e novas propostas na aula.

Como estamos coñecéndonos e achegándonos máis, comezaron os primeiros conflitos, unha oportunidade estupenda para aprender a relacionarnos cos compañeiros de forma adecuada.

Xa estamos aprendendo a rutina diaria, adiantándonos ao que vai acontecer en cada momento e coas pautas e normas da aula imos así, así. Estas últimas custan un pouco, pero e que son tantas cousas que aprender!!!

Saudiños dende a aula 5.

AULA 6

Boas familias,

Ante todo, esperamos que vos encontredes todas e todos ben!

Estamos encantadas co noso grupiño da aula 6. Gústanos moito ver como avanzan, como desfrutan xogando, resolven e xestionan os seus conflitos e emocións…

Queremos lembrarvos que podedes consultarnos calquera dúbida ou cuestión que vos preocupe para que entre todos a podamos resolver.

Hoxe, por fin, inauguramos o noso blogue! Nesta ocasión compartimos con vos as fotos de setembro e outubro, pero de aquí en diante farémolo mensualmente.

Intentaremos reflexar a través das imaxes os momentos máis destacados do día a día das vosas crianzas.

Esperamos que vos gusten!

Unha aperta para todas e todos.

Yoli e Estrella

 

 

 

 

 

AULA 5: RECORDOS DE SETEMBRO E OUTUBRO

Ola familias da aula 5!

Despois de certos problemas tecnolóxicos por fin poñemos en marcha as fotos no blogue.

Aquí publicaremos unha mostra do que faremos durante o curso, a partires de agora de forma mensual.

Poucas fotos podemos mostrar de setembro xa que a adaptación é a que manda. Dedicámonos por enteiro a atender as necesidades dos nenos e nenas da aula.

Esperamos que vos gusten estas pouquiñas fotos das primeirísimas saídas aos xardíns, as primeiras experiencias e xogos, as primeiras interaccións…  Traballaremos para conseguir mellor calidade nas imaxes.

Saudiños

Laura e Ana