Resolución da Xerencia do Consorcio pola que se convoca o procedemento de adxudicación de prazas nas escolas infantís 0-3 para o curso 2018/19

O Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar oferta 8018 prazas nun total de 145 escolas para o vindeiro curso escolar, incluíndose as escolas de nova apertura de A Estrada, Lugo, Mos – Veigadaña, Ourense – Ramón Abellas e Santiago de Compostela – Castiñeiriño.

O prazo de presentación de solicitude, tanto de renovación como de novo ingreso, estenderase desde o día 10.03.2018 e ata o 09.04.2018 ambos os dous incluídos.

ligazón

Xunto achéganse os enlaces onde poderá atoparse a documentación necesaria para tramitar unha solicitude de praza de novo ingreso ou de renovación nas Escolas Infantís xestionadas polo Consorcio para o curso 2018/19

Diario Oficial de Galicia: https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2018/20180309/AnuncioG1342-280218-0001_es.html

Páxina do Consorcio: http://www.igualdadebenestar.org/anuncios/anuncio.php?id=925&lg=gal

Consellería de Política Social: http://politicasocial.xunta.gal/export/sites/default/Benestar/Biblioteca/Documentos/Centros_Vellos/CONSORCIO_Resolucion_01-MAR-2018-GAL.pdf

Sede Electrónica: https://sede.xunta.gal/detalle-procedemento?codtram=BS404A. Sólo figura o de novo ingreso, xa que a renovación tramitarase exclusivamente con carácter presencial.

Páxina de Escolas Infantís de Galicia: http://www.escolasinfantisdegalicia.es/index.php/resolucion-da-xerencia-do-consorcio-pola-que-se-convoca-o-procedemento-de-adxudicacion-de-prazas-nas-escolas-infantis-0-3-para-o-curso-201819/

Resolución da Xerencia do Consorcio pola que se convoca o procedemento de adxudicación de prazas nas escolas infantís 0-3 para o curso 2017/18

Resolución da Xerencia do Consorcio pola que se convoca o procedemento de adxudicación de prazas nas escolas infantís 0-3 para o curso 2017/18

O Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar oferta 7575 prazas nun total de 140 escolas para o vindeiro curso escolar, incluíndose as escolas de nova apertura de Arteixo – Río Tambre e Burela – Os Castros.

O prazo de presentación de solicitudes, tanto de renovación como de novo ingreso, estenderase desde o 09.03.2017 e ata o 10.04.2017 ambos os dous incluídos.

link

Listas provisionais de admitidos e de agarda nas escolas infantís xestionadas polo Consorcio resultantes do baremo extraordinario de decembro para o curso 2015-2016

A Xerencia do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar anuncia a publicación das listas provisionais de persoas admitidas e de agarda na Rede de Escolas Infantís de Galicia que participaron no proceso de admisión extraordinario do mes de decembro.

O prazo de reclamacións é do 22 ao 31 de decembro, ambos os dous incluídos. As reclamacións presentaranse, por escrito, na escola infantil para a que se demande praza.

Data de publicación na web: 21/12/2015

NOTA: As listas publicadas son copia das orixinais que están depositadas nos arquivos do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar. Dado que son listas provisionais, poden sufrir modificacións.

 

LISTAS

Listas definitivas de admitidos/as, de agarda e excluídos, nas escolas infantís xestionadas polo Consorcio resultantes do baremo extraordinario de setembro para o curso 2015-2016

A Xerencia do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar anuncia a publicación das listas definitivas de admitidos/as, de agarda e excluídos, nas escolas infantís xestionadas polo Consorcio resultantes do baremo extraordinario de setembro para o curso 2015-2016.

O prazo de formalización da matrícula establécese do 9 ao 14 de outubro, ambos os dous incluídos.
De non formalizar a matrícula no prazo estipulado, decaerá o dereito á praza.

A data de incorporación ás escolas dos nenos matriculados neste novo prazo será o 15 de outubro.

LISTAS