Estimadas familias por medio da presente circular, queremos informarvos para que estedes atentos ante calqeuira síntoma nas/os vosas/os fillas/os.
Grazas pola vosa colaboración
ESTIMADAS FAMILIAS:
Como vén sendo habitual dende hai dous anos, recibiremos na Escola a visita de NUBA, para levar a cabo, cos/as alumnos/as de 2-3 anos unha actividade de intervención asistida con animais.
Dita actividade terá lugar en tres sesións diferentes, os días 3, 9 e 10 de MAIO.
Deixamos nos casilleiros das/os vosas/os fillas/os unha autorización para a realización da actividade. Esta autorización terá que estar asinada e entregaráselle as/os titoras/es das aulas.
Grazas pola vosa colaboración
A dirección da Escola
Benqueridas familias:
Xa temos listos os modelos de disfraces para a festa do Entroido.
Este ano como ben sabedes na Escola Infantil “A Canteira” estamos a traballar “O mar” en base ao conto “O concerto dos golfiños” por iso, na sala 1 somos os peixes, na 2 as tartarugas,na 3 os cangarexos, 4 as estrelas de mar, 5 as medusas, 6 os cabaliños de mar e na 7 os polbos,estes serán tamén os nosos disfraces.
Este son os modelos que tedes que facer na casa os pais: