Dende comezos do curso até agora moitas foron as veces que tivemos a sorte de contar coa participación e colaboración das familias. A nosa escola pretende ser un espazo aberto onde xordan intercambios de experiencias que enriquezcan o noso día a día.
A escola non tería sentido sen as vosas aportacións; por todo isto querémosvos dar unha vez mais as grazas por seguir así.
E para os que aínda non vos animastedes, pensade que non é tan díficil, seguro que tedes algunha paixón que queirades compartir con nós, dende contarnos un conto, cantarnos unha canción , facer unha receita, tocarnos un instrumento, participar nalgunha rutina da aula, en fin o que se vos ocorra.
Aquí estaremos esperandovos.
MOITAS GRAZAS DENDE TODO O EQUIPO DE A CANTEIRA!!!