INFORMACIÓN PREINSCRIPCIÓN CURSO 2011/2012

PRAZOS:

Renovación de prazas: 9 ao 21 marzo 2011

Prescripción: 22 de marzo 2011 ao 16 de abril de 2011 (ambos os dous inclusive)

Publicación listaxe provisional de admitidos e de agarda: 9 de xuño de 2011, contando con 10 días hábiles de reclamación, que contarán a partir do día seguinte da publicación de tales listaxes.

Publicación listaxe definitiva de admitidos e de agarda: 14 de xullo de 2011

Matrículación: 15 ao 29 de xullo 2011 (ambos os dous inclusive)

Curso escolar 2011 – 2012: O inicio é o 1 de setembro do 2011 e o remate o 31 de agosto de 2012.

  • As listaxes provisionais e definitivas poderedelas consultar: no taboleiro de calquera escola infantil pertencente ao Consorcio Galego de Igualdade e Benestar do concello de Oleiros, no propio concello de Oleiros, e tamén en www.igualdadebenestar.org ou www.escolasinfantis.net

No día do neno conmemoramos a aprobación en novembro do ano 1959 da Declaración dos Dereitos do Neno.

Neste curso quixemos involucrar ás familias nesta celebración, invitándoas a participar o día 20 cun conto, cunha canción…e a verdade é que temos uns pais, nais e avós moi artistas!

por

AS NOSAS CANCIÓNS

pictograma-entroido-20111

Aquí tedes as cancións das aulas. Esperamos que sirvan para que non quede ninguén sen cantar na festa …

(facede dobre click sobre a imaxe para ver a pantalla completa)

Prazos para reserva de praza, preinscrición e matrícula para o curso 2010/201111

O prazo para a reserva e renovación de praza, asi como para os fillos dos traballadores das escolas infantís e para os irmáns que renoven praza, será do 1 ó 12 de marzo, ambos os dous incluídos.As instancias recolleranse desde o dia que comeza o citado prazo no horario de 8:00 a 16:00.

O prazo de preinscrición para novos usuarios é do 15 de marzo ó 15 de abril. As instancias recolleranse desde o dia que comeza o citado prazo no horario de 8:00 a 16:00.

As listas provisionais de admitidos e de agarda publicaránse o 3 de maio. O prazo de reclamacións é de 10 días hábiles contados dende o día seguinte a súa publicación.

As listas definitivas de admitidos e de agarda faranse públicas o 1 de xuño.

O prazo de matrícula, tanto para os que fixeron a reserva e renovación, como para os que fixeron preincrición, será do 2 ó 22 de xuño.

Tal e como consta no RRI das Escolas Infantis, de non formalizar a reserva, renovación, preinscrición ou matrícula no prazo estipulado, decaerá o dereito á praza aínda tendo reserva ou aparecendo na listaxe de admitidos.