Xa temos as nosas primeras fotos na nosa primeira escoliña. A adaptación resultou fenomenal. Ahí van unhas mostrás delo!!!!
Autor arquivo: Escola Infantil A Canteira
MENÚ OUTUBRO
MENU SEPTIEMBRE
FESTA FIN DE CURSO DO NIVEL 1
Remata o curso!
Ola de novo!
Hoxe é o último día deste curso 2021-2022 e queremos despedirnos de vós por todo o alto. Ensinańdovos o ben que o pasamos na festa da auga de fin de curso. Pasámolo xenial mollándonos e xogando coa escuma. A case todos nos encantou. E para ó que non lle gustaba tanto quedaba a opción de papar cousas ricas. Foi moi moi divertido.
Pero non pensedes que acabou aquí a diversión. Nos días que seguiron ata hoxe divertímonos moito xogando no xardín grande, explorando e disfrutando do bo tempo ó aire libre.
Pasádeo moi moi ben neste mes de vacacións. Foi un pracer compartir con vós este tempo. Ata setembro!
ÚLTIMAS FOTOS DO CURSO NA AULA 5
Xa remata este curso que comezou cunha adaptación longa e algo complicada.
Deixabades aos vosos nenos e nenas, o máis prezado das vosas vidas, nas nosas mans seguramente con preocupación pero sempre mostrando interese en que todo saira ben. Pouco a pouco fomos establecendo lazos estreitos, formando parte importante nas curtas vidas destes peques.
Co paso do tempo esquencerán o seu paso pola escola (a parte negativa do noso traballo) pero esperamos deixar unha huella dentro deles que se reflexe na sua educación, nas suas relacións…
Desexámosvos unhas boas vacacións e unha fácil adaptación á próxima etapa.
Moitas grazas pola vosa confianza. Botaremos de menos a estes meniños.
ABRIL NA AULA 5
A aula 6 en xullo
Ola familias!
Con esta entradiña despedimos o curso e aproveitamos para desexarvos unhas felices vacacións!
E, por suposto, damos os parabéns aos amigos que estiveron de aniversario este mes: Gabi, Olivia, Martín e Matheus!
Moitísimas grazas a todos e a todas pola vosa confianza durante este tempo, polas vosas mostras de cariño e polos fermosos agasallos que recibimos hoxe. Non podemos estar máis agradecidas!
Moitísimos bicos de Yoli e Estrella!
Ata pronto familias!
A AULA 1 EN XULLO
Boas tardes, familias!
Xa estamos aquí coas últimas fotiños do curso.
Neste mes dedicámonos a explorar todos os xardíns da escola porque o xardín de céspede artificial xa se nos facía pequeno. Recorremos a zona do xardín de diante á sombra das árbores froiteiras, e tamén a zona do xardín de atrás á sombra da figueira.
Sempre escapando do sol directo, porque o que nos sobra nesta escola, aparte de xardíns estupendos, é moita calor!
E para combatir a calor, nada mellor que refescarnos con auga!
E seguimos xogando coa auga na aula durante o baño.
Tamén aproveitamos o mes para achuchar a Milo e Gianluca, porque marchan para outra escola e xa non seguirán con nós en setembro. Que peniña nos dá… Botarémolos moito de menos…
Por último celebramos os aniversarios das máis pequerrechiñas da aula: Paola e Julieta!
Agora xa todos temos un aniño!
O descanso tamén é moi importante, aínda que se nos complique coa calor…
Descansade moito vós tamén, que en setembro volvemos con máis ganas!
BICOOOOOSSSSS!!!!!
Festa do Nivel 3
Benqueridas familias,
Nesta entrada compartímosvos unhas imaxes da festa celebrada o día 6 de xullo para as nenas e nenos do nivel 3.
A equipa da E.I. A Canteira davos as grazas por compartir con nós unha xornada tan especial para as vosas crianzas. Esperamos que o pasarades tan ben coma nós.
Desexámosvos todo o mellor para a nova etapa que comeza!
Unha aperta!