Bos días, familias!
Aquí vos deixamos as últimas fotos do 2022, para que as gardedes con moito cariño.
Como vedes, en decembro continuamos coas mesmas rutinas: encontro, almorzo, propostas de xogo na aula, xardín, corredor… E algunha que outra sorpresiña!
No corredor e no xardín, tamén disfrutamos un montón.
E así foi como chegou o Nadal á nosa escola, coas súas postais e a súa correspondente festa!
E despois de tanto troulear toca descansar…
Ata a próxima, familias!