Bos días familias,
Nesta entrada atoparedes unha parte do que estamos a traballar na aula. Como xa lembraredes, a adaptación foi un pouquiño complicada polo que no mes de setembro poucas fotos puidemos facer entre choros, mimos, sestas de media mañá, cambios e establecer as primeiras rutinas. Aínda así temos algunha foto solta que publicamos xunto a estas de outubro e novembro.
A estas alturas do curso xa temos o grupo estable, excepto polas ausencias provocadas polos virus e enfermidades varias, e as dinámicas están ben establecidas e xa temos sentimento de grupo.
Case ninguén precisa xa as sestas polas mañás tan necesarias ao principio, pero que ralentizaban o ritmo da aula.
Somos quen de escoitar un conto todos xuntos sentadiños no encontro, disfrutamos da compaña dos demáis aínda que xurden conflitos de vez en cando, e socializamos con outros grupos.
En xeral disfrutamos todos de novos retos e temos confianza para pedir axuda cando a precisamos.
As fotos do mes de Decembro publicaranse no mes de Xaneiro pero despois das festas.
Sen máis, unha aperta a todxs e felices festas.