Bos días de decembro, familias!
Nesta publicación imos comezar con exemplos das novidades desde mes, como as instalacións de xogo con elementos “metálicos” e con elementos de madeira coloridos.
Outra novidade que nos encantou foron as mesas de experimentación onde disfrutamos un día con pan raiado e outro día con pasta tiburón.
A mesa de luz, tamén foi outra novidade que nos encantou!
E seguimos facendo xogo heurístico e outras dinámicas dentro da aula, no corredor e ata nas dúas aulas abrindo as portas de corredeira…
Por suposto, nunca pode faltar o momento do encontro, de contar o conto e outras historias…
E o noso xardín onde aproveitamos todo para experimentar: as follas de outono, a auga das xeadas…
Que pasedes un bo mes de Nadal, familias!
Nós seguiremos por aquí, coas nosas cousas…