NOVEMBRO NA SALA 6

Ola familias!.

Xa temos as fotos do mes de Novembro no que fixemos moitas actividades e experiencias que nos gustaron moitísimo. Comezamos a empregar as instalacións na aula, vaciándoas por completo de mobiliario e dispoñendo de xeito astístico e/ou provocador o material que desexamos que empreguen, para así estimular a súa participación e creatividade.

Tamén fixemos manipulación de materiais como follas, papel, pan relado …. ,e moitísimas outras cousiñas como circuitos de psicomotricidade, pintar con ceras, con pintura de dedos, con pinceis e con ramas empregadas como pinceis para conformar o noso mural de Outono …

Esperamos que vos gusten.

Un saúdo e ata o mes que ven.