Novembro na aula 7 “Veo-veo”

 

Boas familias, este mes fixemos moitas cousiñas divertidas  na nosa aula: xogamos con follas, con rollos de papel, tamén trituramos papel e usamos pinzas para collelo. O que máis nos gustou foi recollelo coas vasoiras, somos moi traballadores!. tamén fixemos unha oficiña, que ben o pasamos tocando nos teclados e falando polos móviles,… E con pan raiado, metendo e baleirando nos  vasiños, manipulando follas e troncos de madeira. En definitiva, estamos pasando moi bos momentos na escola.

Espero que vos gusten e a espera das seguintes fotos do vindeiro mes

Un saúdo

Lucía