Novembro na aula 5

Ola familias! 

Compartimos con vós unha mostra de bonitos momentos na aula xa que, agora que estamos máis familiarizados coa escola, estamos tamén máis dispostas e dispostos a argallar, aprender e desfrutar das propostas diarias. 

Os elementos de outono seguiron estando moi presentes.

Así como outros moitos materiais e todas as posibilidades que nos ofrecen.

Como vedes, traballamos en equipo e facémolo xenial.

 

Gozamos dos espazos exteriores.

Recibimos encantados a visita da avoa de Aroha, que nos contou un contiño. E aproveitamos para animarvos aos que poidades a que compartades tamén algún momento así con nós, que seguro que o desfrutamos moito.

Festexamos tamén o aniversario de Vega elaborando un biscoito que nos saíu boísimo! Papámolo todo!

E para despedirnos…. moito, moito cariño!

Feliz mes do Nadal. Bicos!

Yoli e Estrella.

A AULA 3 EN OUTUBRO

Bos días de outono!

Xa estamos aquí para mostrarvos as cousiñas que fixemos na escola no mes de outubro.

Despois da adaptación comezamos coas rutinas e dinámicas de aula…

E seguimos con algunha que outra sorpresa!

Tamén seguimos disfrutando do xardín, sempre que podemos.

E cando o tempo non o permite, saimos ó corredor

Este mes tamén celebramos o Samaín!

Cunha chea de risas sen fin!

 

Seguir lendo

Aula 2

Moi boas a todos.

O Outono visitou a nosa aula neste mes de outubro e primeros de novembro, aquí deixámosvos algunhas imaxes da nosa experiencia. Tamén o material de refugallo estivo presente, coma sempre!!! Esperamos que as disfrutedes. Moitas grazas!!!

OS COMEZOS DA AULA 5

Boas, familias

Por fin podemos compartir con vós un pouquiño do que acontece no día a día na nosa aula. 

A adaptación non foi doada para todos pero, como podedes ver, xa facemos un bo equipo.  Recentemente uníronse ás nosas aventuras María Emilia e Souliman.

Esperamos que disfrutedes das imaxes dalgúns dos nosos primeiros momentos xuntos, así como do ben que o pasamos por aquí xogando, celebrando aniversarios, facendo actividades de outono, festexando Samaín…

O próximo mes volvemos con máis!

Benvidos ao noso blogue. Unha aperta.

Yoli e Estrella.

 

O inicio de curso na aula 7

Boas familias, como xa acabamos a adaptación á escola, quere que vexades unha pequena mostra do que estivemos facendo nos primeiro mes. Estivemos adaptándonos a nova aula e os outros espazos da escola. Espero que sexan do voso agrado.

Despois xa chegou o mes das cabazas e o pasamos xenial mnipulando o seu interior e como non, vindo á escola disfrazados para a festa. 

ADAPTACIÓN E SAMAÍN NA AULA 6

Ola familias!

Por fin xa temos listas as fotos correspondentes aos meses de Setembro e Outubro.

Esperamos que perdoedes a tardanza, pero a partir de agora comezaremos a publicalas de maneira mensual.

Fixemos unha selección de fotos representativas dos diferentes momentos da nosa adaptación e dalgunha actividade e festa (Samaín) que aconteceron nestes dous meses.

Superados os momentos de angustia das despedidas e adaptación xa poidemos comezar a traballar con diferentes actividades manipulativas e de experimentación, así como dalgunha pequena instalación propia do Outono. Tamén manipulamos cabazas, froitas, follas e moitas outras cousiñas que supoñen sempre unha gran sorpresa.

Acabamos o mes de Outubro cunha gran festa-bailongo de Samaín. Estábamos terroríficamente guapas e guapos e pasámolo xenial.

Esperamos que vos gusten. Un saúdo e ata o mes que ven.