Setembro na aula 3

 

Bos días, familias!

Aquí vos deixanos unha pequena mostra das primeiras fotos deste curso.

Como vos podedes imaxinar, as primeiras semanas na escola non foron fáciles, pero non teñades dúbida de que o fixemos o mellor que puidemos.

Moitas emocións novas que nos fixeron acabar reventadas/os polo que necesitamos un descanso a media mañá. Pero como xa non nos consideran “bebés”, xa non temos dormitorio específico e tivemos que improvisar.

E para repoñer enerxías, non perdoamos o almorzo de media mañá.

E entre xardín, chupetes, pompas de xabrón, moita canción e algún que outro achuchón… olvidándonos dos nosos males e entretivémonos un montón!

Pasamos tanto tempo xuntiños que ata nos mimetizamos e acabamos igualiños!