Remata o curso!

Ola de novo!

Hoxe é o último día deste curso 2021-2022 e queremos despedirnos de vós por todo o alto. Ensinańdovos o ben que o pasamos na festa da auga de fin de curso. Pasámolo xenial mollándonos e xogando coa escuma. A case todos nos encantou. E para ó que non lle gustaba tanto quedaba a opción de papar cousas ricas. Foi moi moi divertido.

   

Pero non pensedes que acabou aquí a diversión. Nos días que seguiron ata hoxe divertímonos moito xogando no xardín grande, explorando e disfrutando do bo tempo ó aire libre.

   

Pasádeo moi moi ben neste mes de vacacións. Foi un pracer compartir con vós este tempo. Ata setembro!