A aula 6 en xullo

 

Ola familias!

Con esta entradiña despedimos o curso e aproveitamos para desexarvos unhas felices vacacións! 

E, por suposto, damos os parabéns aos amigos que estiveron de aniversario este mes: Gabi, Olivia, Martín e Matheus! 

Moitísimas grazas a todos e a todas pola vosa confianza durante este tempo, polas vosas mostras de cariño e polos fermosos agasallos que recibimos hoxe. Non podemos estar máis agradecidas!

Moitísimos bicos de Yoli e Estrella!

Ata pronto familias!