Boas tardes, familias!
Para despedirnos, aquí vos deixamos un pequeno resumo do que foi a nosa festa de fin de curso!!!!
Vémonos en setembro, familias!
Disfrutade e descansade todo o que poidades!
Con cariño,
Luis, Fabi, Carmen e Lidia
Ola de novo!
Hoxe é o último día deste curso 2021-2022 e queremos despedirnos de vós por todo o alto. Ensinańdovos o ben que o pasamos na festa da auga de fin de curso. Pasámolo xenial mollándonos e xogando coa escuma. A case todos nos encantou. E para ó que non lle gustaba tanto quedaba a opción de papar cousas ricas. Foi moi moi divertido.
Pero non pensedes que acabou aquí a diversión. Nos días que seguiron ata hoxe divertímonos moito xogando no xardín grande, explorando e disfrutando do bo tempo ó aire libre.
Pasádeo moi moi ben neste mes de vacacións. Foi un pracer compartir con vós este tempo. Ata setembro!
Xa remata este curso que comezou cunha adaptación longa e algo complicada.
Deixabades aos vosos nenos e nenas, o máis prezado das vosas vidas, nas nosas mans seguramente con preocupación pero sempre mostrando interese en que todo saira ben. Pouco a pouco fomos establecendo lazos estreitos, formando parte importante nas curtas vidas destes peques.
Co paso do tempo esquencerán o seu paso pola escola (a parte negativa do noso traballo) pero esperamos deixar unha huella dentro deles que se reflexe na sua educación, nas suas relacións…
Desexámosvos unhas boas vacacións e unha fácil adaptación á próxima etapa.
Moitas grazas pola vosa confianza. Botaremos de menos a estes meniños.
Ola familias!
Con esta entradiña despedimos o curso e aproveitamos para desexarvos unhas felices vacacións!
E, por suposto, damos os parabéns aos amigos que estiveron de aniversario este mes: Gabi, Olivia, Martín e Matheus!
Moitísimas grazas a todos e a todas pola vosa confianza durante este tempo, polas vosas mostras de cariño e polos fermosos agasallos que recibimos hoxe. Non podemos estar máis agradecidas!
Moitísimos bicos de Yoli e Estrella!
Ata pronto familias!
Boas tardes, familias!
Xa estamos aquí coas últimas fotiños do curso.
Neste mes dedicámonos a explorar todos os xardíns da escola porque o xardín de céspede artificial xa se nos facía pequeno. Recorremos a zona do xardín de diante á sombra das árbores froiteiras, e tamén a zona do xardín de atrás á sombra da figueira.
Sempre escapando do sol directo, porque o que nos sobra nesta escola, aparte de xardíns estupendos, é moita calor!
E para combatir a calor, nada mellor que refescarnos con auga!
E seguimos xogando coa auga na aula durante o baño.
Tamén aproveitamos o mes para achuchar a Milo e Gianluca, porque marchan para outra escola e xa non seguirán con nós en setembro. Que peniña nos dá… Botarémolos moito de menos…
Por último celebramos os aniversarios das máis pequerrechiñas da aula: Paola e Julieta!
Agora xa todos temos un aniño!
O descanso tamén é moi importante, aínda que se nos complique coa calor…
Descansade moito vós tamén, que en setembro volvemos con máis ganas!
BICOOOOOSSSSS!!!!!
Benqueridas familias,
Nesta entrada compartímosvos unhas imaxes da festa celebrada o día 6 de xullo para as nenas e nenos do nivel 3.
A equipa da E.I. A Canteira davos as grazas por compartir con nós unha xornada tan especial para as vosas crianzas. Esperamos que o pasarades tan ben coma nós.
Desexámosvos todo o mellor para a nova etapa que comeza!
Unha aperta!
Boas tardes de venres, familias!
Aquí estamos cheas de calor para deixarvos un pequeno resumo de tódalas novidades do mes, que non foron poucas, e xa non sabemos por onde comezar!
Fixemos a nosa primeira instalación de xogo, con papel de periódico, tisues, rollos de cartón…
Seguimos coas actividades de experimentación, coma esta de iogur natural con colorante alimenticio:
Dentro da aula tamén apareceron novidades, coma a carpa de circo (que sempre atopamos sorpresas dentro) e os módulos para facer escalada.
Tamén estivemos ensaiado a canción da festa, o ritmo da guitarra de Luis, porque nos encanta versionar cancións! Neste caso foi a de “Con una pompa de jabón”, de Teresa Rabal.
Estreamos o noso berce-bus e a nosa chófer María, para recorrer a escola e poder disfrutar de tódolos xardíns. Encántanos ver o mundo sobre rodas!
E xa comezamos cos xogos de auga!
Celebramos os aniversarios dos cumpleañeros deste mes: Gianluca e Thiago!
E unha chea de cousas máis!
Que pasedes unha fresca fin de semana a remollo!
Saúdos,
María e Lidia
Ola familias
Xa remata este curso e publicamos as últimas fotos correspondentes a Xuño e Xullo de 2022.
Fixemos moitas actividades no exterior e disfrutamos moitísimo na festa de fin de curso.
Foi todo un pracer traballar cos vosos meniños/as, e esperamos que pasedes un moi bo verán e que disfrutedes moito, polo menos tanto coma nos.
Nos vemos en Setembro con moitas ganas e moita ilusión.
Un biquiño de Fabi e de Luis
Ata pronto