Maio na aula 1

 

Ola familias!

Aquí estamos unha vez máis para mostrarvos o moito que nos entretemos e o ben que nos portamos!

A sorpresa do mes foron as botellas máxicas. Unhas botelliñas de plástico transparente para ver e experimentar cos elementos do seu interior. Ainda que xa sabedes que o plástico non é o noso material favorito, non atopamos ningún outro natural que sexa transparente e seguro, porque co cristal ainda non nos atrevemos.

Tamén nos fixo moita ilusión as fotos de familia que nos trouxechedes. 

Moitisimas grazas!

E seguimos manipulando, experimentando e saboreando con laranxas e limóns.

Tamén experimentamos con pintura de cores sobre cartulinas cubertas de film.

E con flores naturais, cartón e forro…

Mirade que chulo nos quedou a cristaleira do estanque.

Seguimos celebrando os cumples de dous compis que naceron á vez de diferentes barrigas: FELICIDADES ARTAI E LÍA!!!

E moitas cousas máis…

Ata a próxima, familias! 💗

 

 

 

 

 

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará