MAIO AULA 7

 

Este  mes tivemos o aniversario de Nadia…parabéns amiga!!Algúns amigos axudamos a facer o biscoito que puidemos degustar de sobremesa despos do xantar…


Durante todo o mes tivemos moito traballo… fixemos diferentes xogos como con madeira facendo diferentes construccións, torres…


Aproveitamos o experior e fixemos un experimento con filtro, pipetas e colorante..Tiveron que tenxir os filtros de cores…

 

outro día tiveron que decorar os filtros con rotuladores porque tiñamos que rematar a decoración para o día da familia…

Este mes desfrutamos moito do exterior e tamén puidemos estar no patio dos mais pequenos que como ten herba artificial xa fomos descalzos ás veces…


Tamén fomos o xardín que chamamos “do Peral” porque cando ven a tempada imos a recoller e comer peras… puxemos unha nova cociña que un pai axudou a restaurala e os nenos o pasan moi ben cociñando con lentellas, con terra e con diferentes utensilios da cociña. Coidamos os animais que vemos como os caracois…


 

No outro xardín que temos este mes puidemos desfrutar de moitas actividades ao aire libre…se facía moito calor divertímonos xogando coa auga, puidemos facer comidiñas coas flores ou trasvases…

 

Outro momento moi divertido foi a búsqueda do tesouro e espuma de afeitar… previamente explicase que non se pode comer non vaian pensar que é nata montada jiji… Agachados diferentes animais tiveron que encontralos…

e despois podían lavalos no cubo para descubrir de que animai se trataba….pasárono moi ben…

Outra actividade que fixemos no patio foi con cereais,camións e animais… Andiveron cargando, dándolle de comer aos animais, comían os amigos… algúns falaban que era o seu almorzo entón xa pensaron en probar…


 

No patio cuberto unha das cousas que máis nos gustan son a motos…facer carreiras e xogar coa area e moi divertido!!!

Na aula tivemos momentos de experimentar coa pintura, primeiro cun plástico encima pero despois….

xa fixemos un burato no plástico e foi máis interesante manchar ans mans para rematar o traballo. Co traballo rematado fixemos un cuadro cos nomes dos amigos para ter na aula e outro na entrada da escola para que os pais puideran ver o noso traballo.

Experimentación con arroz tenxido facendo trasvases cos vasos de iogur, culleres, embudos e insectos..

Tamén tivemos días de chuvia este mes e como facía fresquiño os nosos nenos estiveron abrigándose cunha instalación de roupa de inverno…

Outra instalación con zapatos que moito nos gustan dos maiores e así puidemos traballar a autonomía…

Traballamos  coidado dos animais e fomos a darlle de comer aos peixes e as tartarugas do noso estanque…

todos puidemos darlle o almorzo e as tartarugas e os peixes viñan rápidamente a xantar…

Xogamos con diferentes texturas e os animais…

Outro dos momentos que nos gustou foi pintar con pinceis sobre plastico… deitados, sentados en vertical…

Xa finalizando o curso levamos traballando tempo cousas básicas da autonomía e como xa comen todos soliños agora toca axudar a recoller cada un as súas cousas asique levamos o prato a lavar, baleiramos os restos de comida, recollemos o vaso despois toca quitar o babeiro e lavarse… somos super maiores e o facemos todos xenial!!

 

Esperamos que vos gustara ver os vosos pequenos, un saúdo María e Rosalía.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará