davO luns día 6, fixemos todos xuntos un biscoito para festexar o aniversario dos amigos Shi Han e Mathias. Xa somos uns reposteiros expertos! 🎂 Xogamos cun minimundo cheo de animáis de todo tipo e o pasamos moi ben. Experimentamos, aprendimos os nomes dalgúns que non sabíamos e traballamos principalmente o xogo símbolico. Made with Square InstaPicÓ día seguinte, limpamos todo o que usamos o día anterior mentres xogabamos ca auga e o xabón. Puxémonos pingando! Fixémonos cargo de deixar perfecto o material para a seguinte. Tamén xogamos nun circuito con paso de peatóns e semáforo incluídos! Onde aprendimos cousas como o sentido e a dirección, a orientación viso-espacial e practicamos a motricidade grosa.Made with Square InstaPicOutro día, puxemos todo o xardín con papeis de cores. Quedou moi ben e practicamos a psicomotricidade fina.Made with Square InstaPicTamén preparamos un circuito sensorial para experimentar cos pés!! As cubetas tiñan diferentes materiais: pedras, algodón, fariña, arroz, terra, area, grabanzos, etc… Encantounos quedar descalzos no campo.Made with Square InstaPicExperimentamos con xeos que tiñan sorpresa no seu interior, estaban cheas de flores preciosas. Qué fríos!! Foi unha experiencia moi refrescante. Made with Square InstaPicTrasvases con distintos recipientes e auga. Perfecto para coñecer conceptos como o volumen, a cantidad, o tamaño… E moi refrescante!! Moi necesario nestes días de calor.Made with Square InstaPicHoxe tivemos a festa de despedida da mestra María pero finalmente non marcha!! Comemos gusanitos e bebimos zumo de laranxa natural, riquísimos!! E que nos quiten o bailado🎉