MAIO NA AULA 2

Ola familias!

Por fin chegou o bo tempo e xa podemos saír ó xardín para disfrutar do aire libre. Qué ben nos senta e como nos gusta aproveitar os espazos abertos e facer as nosas actividades e xogos respirando aire fresquiño. Este mes aproveitámolo moito e manipulamos ( e comemos), espaguetis de cores, pegamos flores nunhas árbores de cartón para decorar a cristaleira do noso estanque, deixamos a nosa pegada no agasallo do día da familia…

Tamén amosamos diferentes momentos da xornada como o almorzó, o encontro, a hora de xantar e o noso bus-berce que ás veces, utilizamos para desprazarnos e nos gusta un montón.

Esperamos que vos gusten.

Un saúdo e ata o mes que ven.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará