A AULA 1 EN ABRIL

Boas tardes, familias.

Como en abril augas mil, poucas fotos temos do xardín. Pero dentro da escola continuamos con novidades como as caixiñas máxicas.

Cos obxetos de metal fixemos música anxelical e seguimos ensaiando con algún que outro instrumento musical.

E seguimos con actividades sensoriais experimentando coa mesa de luz e con espaguetis cocidos con colorante alimenticio.

Como o xardín pouco puidemos aproveitar, adaptamos o noso estanque para disfrutar, e ata as tartarugas nos viñeron a saúdar!

Pero sen dúbida a novidade do mes foron os aniversarios. Os maiores da aula xa cumpliron un aniño: felicidades Jacobo e Milo!

E moitas cousiñas máis!

Ata a próxima, familias!

 

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará