Hola familias como xa sabedes este mes tivemos cambios na aula… Todo transcorreu con normalidade e os nenos adaptáronse moi ben.
Este mes de Marzo comezamos co aniversario de Lucas e Ainara que aínda que algo tarde porque estiveron maliños, puidemos cantarlles o cumpreanos feliz coa súa coroa…Parabéns amigos!!!
Tivemos tempo a facer un montón de cousas que nos gustaron moito. Chegou a primaveira e grazas ás vosas aportacións disfrutamos das flores… Foi moi divertido e entretido…
Outra das instalaciones que tamén nos gustou foi coas pelotas e tubos de cartón…
Outro día traballamos a motricidade fina con macarróns. Tivemos que metelo con culleres en bolsas para a mexturar con vinagre e colorante alimentario… quedaron moi chulos de diferentes cores…
Despois de traballar tanto deixámolos secar para a sorpresa do día seguinte.
Tocounos experimentar cos macarróns de cores que traballamos onte e pan raiado… Fixemos unha combinación do arco da vella con pezas de madeira, culler e pinzas do xeo para traballar a motricidade fina… ¡¡estiveron moi entretidos coa nova experimentación!!
Tamén experimentamos con xelatina que a uns gustounos mais que a outros porque iso de mancharnos ás veces non nos apetece moito… pero o que si nos gustou foi a ver a que sabía…jiji
Todos os xoves intentamos coidar o horto. Estivemos regando as leitugas que xa creceron un pouco e quitando as malas herbas.
Como nos gusta traballar no xardín outro día levamos a experimentación fora, cociñamos cas potas, peneiramos a terra…acabamos moi limpos…
Na aula tampouco nos aburrimos moito porque cada día facemos diferentes actividades e xogamos con diversos materiais como a madeira, bolsos ou a mesa de luz…tamen fomos traballar á oficina con garabatas e iso de traballar no ordenador como mamá ou papá gustounos.
Tamén nos divertimos pintando con pinzas e algodón uns ovos para decorar a clase ou con ceras no chan.
Con todo este resumo despedimos Abril e pronto volveredes a ver o moito que traballan estes nenos da aula 7.
Apertas Maria e Rosalia.