Ola familias!.
Xa temos preparadas as fotos correspondentes ó mes de Abril.
Seguimos celebrando ocumpreanos dos máis pequerrechos da aula. Xa todos os amigos cumprimos un aniño. Felicidades para tod@s e que cumplan moitos maaaáis…!
Seguimos a facer moitas actividades que nos sorprenden moito como a experimentación coa mesa de luz, a manipulación de bolsiñas estancas sensoriais, coas que podemos debuxar cos nosos dedos e xogar con elas sen mancharnos, que a algúns nos costa moito ensuciar as mans. Seguimos tamén coas nosas rutinas do conto, cancións e tentempé a media mañán para que non se nos faga moi longa a espera ata que chega a comida, que é un dos nosos momentos favoritos. Somos moi lambóns!.
Esperamos que vos gusten moito. Un saúdo e ata o mes que vén.