AULA 6: MOMENTOS DE MARZO E ABRIL

Ola familias! 

Por fin estamos de volta para compartir con vos os mellores momentos das nosas xornadas na aula. Pero para comezar polo máis importante presentámosvos a Solomiia, unha nova compañeira á que recibimos con moito interese. Benvida!

Neste tempo desfrutamos de instalacións e minimudos realizados con diversos materiais: tubos de cartón, tapóns, oveiras, pan relado, flores, bloques sensoriais…

Experimentamos tamén con avena, neve artificial (bicarbonato e auga) e ata con cacao en pó; fixemos actividades de motricidade fina e, por suposto, pasámolo pipa nos momentos adicados ao xogo simbólico.

Traballamos e coidamos a nosa horta. E non esquecemos os ratiños que pasamos no xardín.

Ata pronto!

Yoli e Estrella

 

 

A AULA 1 EN ABRIL

Boas tardes, familias.

Como en abril augas mil, poucas fotos temos do xardín. Pero dentro da escola continuamos con novidades como as caixiñas máxicas.

Cos obxetos de metal fixemos música anxelical e seguimos ensaiando con algún que outro instrumento musical.

E seguimos con actividades sensoriais experimentando coa mesa de luz e con espaguetis cocidos con colorante alimenticio.

Como o xardín pouco puidemos aproveitar, adaptamos o noso estanque para disfrutar, e ata as tartarugas nos viñeron a saúdar!

Pero sen dúbida a novidade do mes foron os aniversarios. Os maiores da aula xa cumpliron un aniño: felicidades Jacobo e Milo!

E moitas cousiñas máis!

Ata a próxima, familias!

 

Abril na aula7

Hola familias como xa sabedes este mes tivemos cambios na aula… Todo transcorreu con normalidade e os nenos adaptáronse moi ben. 

Este mes de  Marzo comezamos co aniversario de Lucas e Ainara que aínda que algo tarde porque estiveron maliños,  puidemos cantarlles o cumpreanos feliz coa súa coroa…Parabéns amigos!!!

 

 

 

Tivemos  tempo a facer un montón de cousas que nos gustaron moito. Chegou a primaveira e grazas ás vosas aportacións disfrutamos das flores… Foi moi divertido e entretido… 

Outra das instalaciones que tamén nos gustou foi coas pelotas e tubos de cartón…

Outro día traballamos a motricidade fina con macarróns. Tivemos que metelo con culleres en bolsas para a  mexturar con vinagre e colorante alimentario… quedaron moi chulos de diferentes cores…

Despois de traballar tanto deixámolos secar para a sorpresa do día seguinte.

Tocounos experimentar cos macarróns de cores que traballamos onte e pan raiado… Fixemos unha combinación do arco da vella con pezas de madeira, culler e pinzas do xeo para traballar a motricidade fina… ¡¡estiveron moi entretidos coa nova experimentación!!

Tamén experimentamos con xelatina que a uns gustounos mais que a outros porque iso de mancharnos ás veces non nos apetece moito… pero o que si nos gustou foi a ver a que sabía…jiji

Todos os xoves intentamos coidar o horto. Estivemos regando as leitugas que xa creceron un pouco e quitando as malas herbas.

Como nos gusta traballar no xardín outro día levamos a experimentación fora, cociñamos cas potas, peneiramos a terra…acabamos moi limpos…

 

Na aula tampouco nos aburrimos moito porque cada día facemos diferentes actividades e xogamos con diversos materiais como a madeira, bolsos ou a mesa de luz…tamen fomos traballar á oficina con garabatas e iso de traballar no ordenador como mamá ou papá gustounos.

 

Tamén nos divertimos pintando con pinzas e algodón uns ovos para decorar a clase ou con ceras no chan.

Con todo este resumo despedimos Abril e pronto volveredes a ver o moito que traballan estes nenos da aula 7. 

Apertas Maria e Rosalia.

ABRIL NA SALA 2

Ola familias!.

Xa temos preparadas as fotos correspondentes ó mes de Abril.

Seguimos celebrando ocumpreanos dos máis pequerrechos da aula. Xa todos os amigos cumprimos un aniño. Felicidades para tod@s e que cumplan moitos maaaáis…!

Seguimos a facer moitas actividades que nos sorprenden moito como a experimentación coa mesa de luz, a manipulación de bolsiñas estancas sensoriais, coas que podemos debuxar cos nosos dedos e xogar con elas sen mancharnos, que a algúns nos costa moito ensuciar as mans. Seguimos tamén coas nosas rutinas do conto, cancións e tentempé a media mañán para que non se nos faga moi longa a espera ata que chega a comida, que é un dos nosos momentos favoritos. Somos moi lambóns!.

Esperamos que vos gusten moito. Un saúdo e ata o mes que vén.