Aínda que con retraso, por fin chegan as fotos dos meses de Febreiro e Marzo. Pasámolo moi ben, fixemos distintas actividades e aprendemos moito. Mirade, mirade…
Xogamos un montón no xardín.
Tamén no corredor e no patio de arriba, que nos encantou!
Xogamos coas cores
Con papel hixiénico
Barremos
Manipulamos cousiñas de madeira, e cousas de comer ricas ricas, como amorodos con chocolate
Tampouco nos aburrimos na aula: pintamos con ceras gordas, fixemos puzzles, vimos contos, observamos a paisaxe…
Total, nos nos aburrimos nada nadiña. E así seguiremos, facendo cousas divertidas e interesantes. Ata a próxima!