Ola familias!
Xa temos as fotos do mes de Marzo, no que recibimos a entrada da primavera por todo o alto. Fixemos unha mini festa manipulando as flores que nos trouxéchedes e con pompas de xabrón xigantes. Tamén tivemos tempo para realizar máis actividades como a manipulación-inmersión en pan relado, experimentación e xogos de psicomotricidade con pelotas, módulos … todo aderezado coa celebración dalgún cumpreanos. Qué maiores nos facemos!.
Esperemos que vos gusten as fotos. Un saúdo e ata o mes que ven.