O nivel 2 en Febreiro e Marzo

Aínda que con retraso, por fin chegan as fotos dos meses de Febreiro e Marzo. Pasámolo moi ben, fixemos distintas actividades e aprendemos moito. Mirade, mirade…

Xogamos un montón no xardín.

       Tamén no corredor e no patio de arriba, que nos encantou!

Xogamos coas cores Con papel hixiénicoBarremos

Desfrutamos do entroido

Manipulamos cousiñas de madeira, e cousas de comer ricas ricas, como amorodos con chocolate

Tampouco nos aburrimos na aula: pintamos con ceras gordas, fixemos puzzles, vimos contos, observamos a paisaxe…

Total, nos nos aburrimos nada nadiña. E así seguiremos, facendo cousas divertidas e interesantes. Ata a próxima!

Marzo na aula 1

Ola, familias!

En marzo celebramos a chegada da primavera e moitas cousiñas máis!

Comezamos co “Cestiño dos tesouros”, un xogo de exploración con elementos da vida cotiá:

Tamén collemos a rutina de saír tódolos días á zona do estanque, a xogar coas caixas de cores, a ver as tartarugas que xa remataron de invernar, a ver chover…

E ata comezamos a facer outro tipo de actividades de experimentación, coma a do pan rallado.

E moitas cousiñas máis!

Ata a próxima, familias!

Bicooooosss!

MARZO NA SALA 2

Ola familias!

Xa temos as fotos do mes de Marzo, no que recibimos a entrada da primavera por todo o alto. Fixemos unha mini festa manipulando as flores que nos trouxéchedes e con pompas de xabrón xigantes. Tamén tivemos tempo para realizar máis actividades como a manipulación-inmersión en pan relado, experimentación e xogos de psicomotricidade con pelotas, módulos … todo aderezado coa celebración dalgún cumpreanos. Qué maiores nos facemos!.

Esperemos que vos gusten as fotos. Un saúdo e ata o mes que ven.