FEBREIRO NA AULA 6

Boas familias,

Comezamos o resumo deste pasado mes presentándovos a Leo, un novo compañeiro de aventuras desde hai unas semanas na aula 6. A súa adaptación foi fabulosa, semella que se atopa cómodo con nós, e a verdade é que todas e todos o acollemos cos brazos abertos. Benvido Leo!

Nestes días festexamos os aniversarios de Sofía F. e Manuel V.; xa teñen 3!  Entre todos preparamos un biscoito saudable que puidemos probar despois do xantar. Saíunos boísimo!

Pintar con rotuladores, pintar con témperas sobre papel de aluminio, experimentar con xelatina, argallar con paus de pan, traballar a motricidade grosa, xogar con caixas e tubos, con papel hixiénico e facer xogo simbólico son algunhas das cousas ás que lle dedicamos o tempo.

 

E, por suposto, non nos esquecemos de ensinarvos como desfrutamos da festividade máis relevante do mes, o entroido.  Disfrazámonos, pintamos as nosas caras e ata as unllas, desfrutamos dunha instalación con elementos de entroido e degustamos nunha divertida festa as rosquillas que nós mesmos preparamos na compañía das crianzas do nivel 3.

Desculpade o retraso nesta entrada do blogue pero, como vedes, este mes estivemos moi entretidos. Esperamos que desfrutedes das imaxes!

Ata pronto!

Yoli e Estrella

 

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará