Os bebés da Canteira reciben a primavera 🌺

Bos días, familias! 

Para vivir unha experiencia especial, non necesitamos facer unha viaxe espacial.

Mirade que alucinados quedamos coa nosa primeira saída ó xardín para celebrar a chegada da primavera con flores de cores e pompas de xabrón.

Moitas gracias pola vosa colaboración!


Saúdos do equipo do Nivel 1:                               Luis, Carmen, Fabi e Lidia

FEBREIRO NA AULA 6

Boas familias,

Comezamos o resumo deste pasado mes presentándovos a Leo, un novo compañeiro de aventuras desde hai unas semanas na aula 6. A súa adaptación foi fabulosa, semella que se atopa cómodo con nós, e a verdade é que todas e todos o acollemos cos brazos abertos. Benvido Leo!

Nestes días festexamos os aniversarios de Sofía F. e Manuel V.; xa teñen 3!  Entre todos preparamos un biscoito saudable que puidemos probar despois do xantar. Saíunos boísimo!

Pintar con rotuladores, pintar con témperas sobre papel de aluminio, experimentar con xelatina, argallar con paus de pan, traballar a motricidade grosa, xogar con caixas e tubos, con papel hixiénico e facer xogo simbólico son algunhas das cousas ás que lle dedicamos o tempo.

 

E, por suposto, non nos esquecemos de ensinarvos como desfrutamos da festividade máis relevante do mes, o entroido.  Disfrazámonos, pintamos as nosas caras e ata as unllas, desfrutamos dunha instalación con elementos de entroido e degustamos nunha divertida festa as rosquillas que nós mesmos preparamos na compañía das crianzas do nivel 3.

Desculpade o retraso nesta entrada do blogue pero, como vedes, este mes estivemos moi entretidos. Esperamos que desfrutedes das imaxes!

Ata pronto!

Yoli e Estrella

 

O mes do Entroido na aula 7

O mes de febreiro foi un mes moi divertido porque festexamos o Entroido.

Estivemos moi atentos ó Meco para saber qué cousas tíñamos que traer postas. Fixemos varias instalacións, unha de diferentes sombreiros e perrucas cheas de confeti e matasogras coa que disfrutamos moito e outra de cubos e pelotas, co que nos gusta encher cubos!!!

Fixemos un obradoiro de cociña para elaborar rosquilas. Na aula fixemos pintacaras e maquillaxe libre….

Disfrazámonos de moitas cousas, pero como podedes ver o disfraz de superheroe e o que máis triunfou.

Para rematar a semana celebramos unha festa con todos os amigos do nivel, onde almorzamos as rosquillas que fixéramos, xogamos e bailamos, ademáis facía moi bo día asique desfrutamos moito.


Non todo foi Entroido tamén fixemos outras instalacións, como a de papel hixiénico e a de produtos de limpeza.

Realizamos actividades de experimentación. Unha delas foi ir ó recuncho e manipular libremente arroz e diferentes utensilios cos que fixemos trasvases e moitas cousas máis. E outro dos días saímos ó xardín coas lupas para observar insectos e plantas.

Tamén festexamos os aniversarios do mes…


E para rematar esta entrada, algunhas imaxes de xogo libre con elementos tecnolóxicos e a “Asamblea das apertas” coa que nos gusta de vez en cando pechar a xornada antes de subir a comer. Nela cada neno/a elixe a un amigo/a para darlle un abrazo e amosarlle o seu afecto.

Esperamos que desfrutedes desta nova entrada e vémonos o mes que ven con novas aventuras!!

Lorena E Rosalía

Febreiro na aula 1

Ola familias!

Por fin chegou febreiro, e con el chegaron tamén o carnaval e o Meco. Que risas nos botamos e moi ben o pasamos!

Disfrazámonos, fomos á escola en pixama, decoramos as nosas cabezas, manipulamos gorros, perrucas, anteollos, pulseiras, colares e todo tipo de coloridos complementos.

Pero sobre todo cantamos e cantamos. Escoitamos ás Tanxungueiras e a súa canción versionamos… e ata nos casamos!

Que nunca nos falte o humor porque, nestes tempos, penas e preocupacións xa temos bastantes.

Apertas xigantes!

Carmen e Lidia

 

FEBREIRO NA SALA 2

Ola familias!

Chegou o mes do Entroido e celebrámolo por todo o alto seguindo as indicacións do Meco, que cada día nos dicia o que tiñamos que traer posto. Pasámolo moi ben entre tanto disfraz, perrucas e caretas que despertaban a nosa curiosidade e como somos moi, pero que moi maiores, non nos asustamos de ningún traxe de entroido nin careta. Tamén nos deu tempo a asentarnos facendo a asamblea, con conto ou canción, e algunha que outra actividade manipulativa.

Esperamos que vos gusten as fotos. Un bico moi grande e ata o mes que ven.