¡¡COMEZA O 2022 NA AULA 7!!

Comeza o ano e con él os aniversarios dos pequenos. Neste mes cumpliron 3 anos Mencía, Liam, Raphael, Malen, Lola e Pedro. Desfrutamos moito preparando os biscoitos e cantándolle aos nosos amigos.

Como xa vos comentamos, plantamos sementes de calabacín nunha maceta da aula e pouco a pouco co sol que entra pola ventá e coa auga que lle botamos vamos vendo como crecen.

En experimentación manipulamos xeos e auga quente e conseguimos derretilos e “liberar” os peixiños de cores.

Outra actividade de experimentación que se convertiu nunha actividade de plástica foi pintar un mural con remolacha, gustounos moito ver como pintaba de cor rosa. Gustounos tanto que ata a probamos.

Para rematar fixemos o noso mural do inverno. Un dia pintamos con pinceis e utilizamos as cores branca e azul. Cando secou pintamos unha árbore sen follas e despois fixemos boliñas de algodón e as pegamos coma si foxen copos de neve.

 

Desfrutamos moito este mes pero no que estamos aínda vamos a desfrutar máis… Ata pronto!!!

Lorena e Rosalía