DECEMBRO E XANEIRO NA AULA 5

Ola a todos e todas,

estes dous meses foron moi movidiños. Na aula tivemos moitos altibaixos na asistencia pero sempre intentamos pasalo da mellor maneira, propoñendo actividades para todos os gustos.

Polo medio festexamos o Nadal á nosa maneira, con receita de boliñas de coco e cenoria, cunha caixa sensorial de Nadal con luces e adornos, tarxetas pintadas con ceras e pintura de dedos, e decoradas con pegatinas…

Xaneiro estivo algo máis tranquilo, aínda que non menos divertido. Recuperámonos das festas e voltamos á rutina. Xogamos con bonecos, pintamos con remolacha…

Saudiños!!!

 

XANEIRO NA AULA 6

Ola! Como estades familias?

Aquí vos deixamos unhas fotiños do mes de xaneiro, onde veredes o moito que experimentan e xogan as vosas crianzas. Nelas  temos propostas para traballar o inverno con roupa de abrigo e simulando neve con algodón para facer un boneco de neve; o xogo simbólico con bonecas, cociña, médicos; minimundos con animais, elementos de madeira e da natureza; propostas sensoriais coa mesa de luz e papeis de cores; experimentación con chía, auga e colorante; pintar en horizontal e vertical coas mans e pinceis; pegar gomets…

Esperamos que vos gusten!

Bicos de Estrella e Yoli.

 

¡¡COMEZA O 2022 NA AULA 7!!

Comeza o ano e con él os aniversarios dos pequenos. Neste mes cumpliron 3 anos Mencía, Liam, Raphael, Malen, Lola e Pedro. Desfrutamos moito preparando os biscoitos e cantándolle aos nosos amigos.

Como xa vos comentamos, plantamos sementes de calabacín nunha maceta da aula e pouco a pouco co sol que entra pola ventá e coa auga que lle botamos vamos vendo como crecen.

En experimentación manipulamos xeos e auga quente e conseguimos derretilos e “liberar” os peixiños de cores.

Outra actividade de experimentación que se convertiu nunha actividade de plástica foi pintar un mural con remolacha, gustounos moito ver como pintaba de cor rosa. Gustounos tanto que ata a probamos.

Para rematar fixemos o noso mural do inverno. Un dia pintamos con pinceis e utilizamos as cores branca e azul. Cando secou pintamos unha árbore sen follas e despois fixemos boliñas de algodón e as pegamos coma si foxen copos de neve.

 

Desfrutamos moito este mes pero no que estamos aínda vamos a desfrutar máis… Ata pronto!!!

Lorena e Rosalía

DECEMBRO E XANEIRO NA SALA 2

Ola familias!

Xa temos as fotos do mes de Decembro e Xaneiro na sala 2.  Publicámolas xuntas xa que, debido á pandemia e os diferentes confinamentos e cerres de aula que tivemos, non tiñamos suficientes fotos no mes de Decembro. Esperamos que pouco a pouco volvamos á normalidade e poidamos  controlar a situación sen tanta ausencia nin peches forzados. Agardamos que vos gusten e as disfrutedes.

Un saúdo e ata o mes que ven.