SETEMBRO E OUTUBRO NA AULA 7

Ola familias:

Despois dunha temporadiña de adaptación para tod@s, comezamos este blogue coa seguinte entrada na que vamos a resumir na medida do posible os momentos máis destacados destes dous meses.

Algo que nos encanta é ir ao recuncho de experimentación e manipular todo tipo de materiais. Neste caso traballamos moito con elementos e alimentos do outono.


Outra das cousas coa que desfrutamos moito é a pintura. Xa sexa pintar con pinturas, con pinceis, coas mans…plasmar as nosas obras de arte gústanos moito.

Tódolos días saímos ó xardín, xa sexa ó das peras ou ó das motos. Neste caso saímos ó das peras a recoller follas para o noso mural e de paso puxémonos as botas comendo nelas.

Unha das actividades que ímos realizar ó longo de todo o curso son as instalacións. Esta é unha delas.

Traballamos moito a psicomotricidade grosa porque non paramos de saltar e de correr pero ás veces tamén facemos circuítos con obstáculos. Tamén traballamos a fina como vemos a continuación.


O que máis nos gusta é baixar polas mañás e ver qué “sorpresa” nos ten preparada Lorena para xogar na aula. As vías do tren, os cacharriños da cociña e os animais son os que máis nos gustan.

Para rematar o mes de outubro e tamén esta entrada do blogue, festexamos o Samaín. Estivemos todo o día cos nosos disfraces, pintamos arañas na cara e pasámolo moi ben. Tamén fixemos unha actividade conxunta no xardín cos compañeiros do nivel que proximamente publicaremos no blogue.
Esperamos que vos gustasen as fotos dos nosos momentos na escola, hai moitas máis pero sería imposible publicalas todas.

Unha forte aperta familias e ata o próximo mes.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará