ENTREGA SOLICITUDES

Segundo o previsto no artigo 25.2 do Regulamento de réxime interno das Escolas Infantís xestionadas polo Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar, a Escola Infantil de “A CANTEIRA” permanecerá pechada durante o mes de agosto.

As persoas que desexen presentar a súa solicitude de praza de novo ingreso para a baremación no proceso extraordinario de setembro (artigo 20.3 RRI), poderán facelo a través da Sede electrónica no seguinte enlace: https://sede.xunta.gal/detalle-procedemento?codtram=BS404A&ano=2021&numpub=1&lang=es

ou no rexistro do Concello de Oleiros sito na Plaza de Galicia nº 1, en aplicación do previsto no artigo 16 da Lei 39/2015, de 1 de outubro, do procedemento administrativo común das Administracións Públicas.

O prazo para a súa presentación rematará o 31 de agosto de 2021 (artigo 20.3 RRI).

Os impresos para a formalización da preinscrición así como a documentación que debe achegarse están dispoñibles nos enderezos electrónicos: https://sede.xunta.gal, http://politicasocial.xunta.gal e http://www.igualdadebenestar.org.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará