ENTREGA SOLICITUDES

Segundo o previsto no artigo 25.2 do Regulamento de réxime interno das Escolas Infantís xestionadas polo Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar, a Escola Infantil de “A CANTEIRA” permanecerá pechada durante o mes de agosto.

As persoas que desexen presentar a súa solicitude de praza de novo ingreso para a baremación no proceso extraordinario de setembro (artigo 20.3 RRI), poderán facelo a través da Sede electrónica no seguinte enlace: https://sede.xunta.gal/detalle-procedemento?codtram=BS404A&ano=2021&numpub=1&lang=es

ou no rexistro do Concello de Oleiros sito na Plaza de Galicia nº 1, en aplicación do previsto no artigo 16 da Lei 39/2015, de 1 de outubro, do procedemento administrativo común das Administracións Públicas.

O prazo para a súa presentación rematará o 31 de agosto de 2021 (artigo 20.3 RRI).

Os impresos para a formalización da preinscrición así como a documentación que debe achegarse están dispoñibles nos enderezos electrónicos: https://sede.xunta.gal, http://politicasocial.xunta.gal e http://www.igualdadebenestar.org.

ORLA, AULA 3

Remata o curso familias…e con él as vacacions, por certo ben merecidas ás de éstes pequechos/as.

Un curso complicado, sí,    pero cheo de sorrisos, bicos, e moitas pero que moitas apertas…pero volverán!!! porque en setembro voltamos con novas ilusións, novos compañeiros/as e algunha nova titora…ji,ji.

Pola nosa parte foi un pracer pasar o curso con todos vos , unha aperta especial da profe Carmen que para o novo curso vai estar con outros amigos/as pero ainda así vamos estar moi cerquiña..

Vemonos a volta e bo verán !!

 

 

 

E rematamos curso!

Ola a todo@s!

Xa chega Agosto e tocan vacacións! Pero en setembro volveremos a vernos. Cambiaremos de aula e teremos amiguiños novos. Ímolo pasar xenial! Mentres tanto a disfrutar das vacacións. Ahí van as últimas fotos do curso.

 

 

Biiicos!!!!!

 

XUÑO NA AULA 5

Bos días, familias!

Aínda que o mes de xuño estivo cheo de despedidas de compis e tamén da “profe” Berta, nós enseguida nos repoñemos para seguir trouleando!

Aquí vos deixamos unhas pinceladas das nosas xornadas.

 

E a Festa de fin de curso! Porque nós todo o celebramos e con alegría. Ata a despedida!

Que descansedes moito nas vacacións e a pásalo ben!

 

 

As rutinas na aula 3

Ola!! familias, por aquì estamos de novo, agora para mostrarvos unhas fotiños onde vedes un pouco a nosa rutina de comida, lavado de mans e sestas……Que maiores somos!!!!

Nuns dias poñemos mais fotiños e con elas despedidos o curso…ala Foi!!!

Un saudiño,

 

XUÑO E XULLO NA SALA 6

Qué rápido pasou o curso!.  Xa estamos acabando e esperamos que disfrutedes dunhas boísimas e ben merecidas vacacións, e que comecedes o seguinte curso con moitísima ilusión no cole dos maiores.  Para despedirnos vos ensinamos as últimas fotos deste curso no que preparamos as sorpresas para os papis e mamis, celebramos a festa de fin de curso, san Xoan, cumpreanos e moitísimas actividades que seguimos realizando e que tanto nos gustan. Disfrutade moito e non dubidedes en facernos algunha visita para que non vos esquezades de nos. Un saúdo e ata sempre.