MAIO NA SALA 6

Bos días familias!

Querémosvos amosar as fotos do mes de Maio no que seguimos a traballar un montón. Xa chegou o mes máis florido e preparámos un pequeno agasallo para celebrar o día da familia. Esperamos que esteán a medrar moito nas vosas casas e que as reguedes todos os días. Tamén seguimos facendo experimentación e manipulación con arroz, debullando chícharos que lle demos a Celia, a nosa cociñeira. Preparóunos un arroz con eles e gustounos moitísimo. Seguemos a realizar actividades plásticas como pintar con ceras, traballar a nosa psicomotricidade fina con pinchos, coñecemos insectos da terra, coidamos as nosas plantiñas da aula, pintamos no chan con auga e plantillas de debuxos varios…

Tamén celebramos os cumpleanos dos amigos elaborando a súa tarta e coméndoa ó día seguinte. Cada vez somos máis os que cumprimos os tres anos. Cómo pasa o tempo!

Esperemos que vos gusten. Un saúdo e ata o mes que ven.