Ola familias, para rematar o curso, aquí vos deixamos a foto da orla da nosa aula.
Un biquiño e pasade bo verán.
Bos días familias!
Querémosvos amosar as fotos do mes de Maio no que seguimos a traballar un montón. Xa chegou o mes máis florido e preparámos un pequeno agasallo para celebrar o día da familia. Esperamos que esteán a medrar moito nas vosas casas e que as reguedes todos os días. Tamén seguimos facendo experimentación e manipulación con arroz, debullando chícharos que lle demos a Celia, a nosa cociñeira. Preparóunos un arroz con eles e gustounos moitísimo. Seguemos a realizar actividades plásticas como pintar con ceras, traballar a nosa psicomotricidade fina con pinchos, coñecemos insectos da terra, coidamos as nosas plantiñas da aula, pintamos no chan con auga e plantillas de debuxos varios…
Tamén celebramos os cumpleanos dos amigos elaborando a súa tarta e coméndoa ó día seguinte. Cada vez somos máis os que cumprimos os tres anos. Cómo pasa o tempo!
Esperemos que vos gusten. Un saúdo e ata o mes que ven.
Ola familias!
Aquí estamos de novo presentándovos o mes de maio, un mes de flores e primavera. Este mes non paramos nada de nada. Estivemos moi ocupados facendo de todo.
Xa vedes a cantidade de instalacións que facemos na aula: de papeis, con caixas, con pelotas e ata un mini laberinto que quedou todo tirado polo chan…
En plástica moitísimas actividades: pintamos un montruo verde, o monstruo da calma, coloreamos uns catalexos para ver as estrelas, e ata pintamos con rollos de papel hixiénico…, un sin parar.
E para rematar, como estamos no mes das flores, xogamos cun montón delas e cun montón de follas verdes. Encántanos a natureza!
E moitas cousas máis!
A ser felices, vémonos!
BOS DÍAS, FAMILIAS!
Hoxe comeza o prazo de matrícula ata o 10 de xuño, tanto para as solicitudes de renovación como para as de novo ingreso.
A presentación das solicitudes realizarase preferentemente de maneira telemática a través dos formularios dispoñibles na sede electrónica da Xunta de Galicia.
ou con CITA PREVIA no centro onde obtiveran praza para o que deberá achegarse a documentación disponible na seguinte páxina:
Para calquera dúbida, deixámosvos o noso teléfono de contacto: 981977921
Pasade boa semana!