Boas tardes, familias!
Aquí estamos de novo para mostrarvos como o pasamos en abril, con sorpresas mil!
Coma a Festa da primavera, que xa publicamos as fotiños…
Pero seguimos…
Coa nova cociña que apareceu no xardín, ou o tobogán de madeira, que nos da xogo sen fin!
Experimentamos con pasta, fariña e sal…
Seguimos experimentando con colorante alimenticio tinguindo arroz e auga branca…
Tamén experimentamos con papel burbulla e témpera en papel continuo…
E continuamos coa témpera para darlle cor a unhas fermosas bolboretas.
En breves poderedelas ver revoloteando tamén pola entrada…
Seguimos coas instalacións de xogo…
E non nos olvidamos de festexar o cumple de María, que xa ten 3 aniños!
E a finais de mes tivemos dúas sorpresas á vez.
A mala sorpresa foi que Lidia marchou da aula e non sabemos ata cando. Tampouco sabemos por onde anda… Vémola tódolos días pero sempre anda apurada. E ás veces vennos visitar, pero moito tampouco se pode parar.
A boa sorpresa foi a nova titora Rosa, que é moi boíña, moi tranquiliña e mímanos un montón!
Bicoooossss!!!!