Ola familias!
Como pasa o tempo e xa moitos amigos cumprimos os tres anos. Celebrámolo por todo o alto, elaboranda as tartas de cumpreanos entre todos e degustándoas sen deixar nin migaxa. Estaban boísimas. Tamén tivemos tempo para facer outras actividades e festas. Celebrámos a entrada da primavera cunha festa por todo o alto, con instalación e merendola final. Tamén plantamos alfábega e cebolas que coidamos todos os días na nosa aula e que estan a medrar moitísimo. Non nos esquecemos doutras moitas cousiñas como elborar flores con caixas de ovos para decorar a nosa árbore, circuitos de psicomotricidade, actividades manipulativas no exterior, paracaídas… Aquí tendes unha pequena mostra de todo o que estamos a traballar. Esperamos que vos gusten. Un biquiño e ata o mes que ven.