Aula 5 en abril

Boas tardes, familias!

Aquí estamos de novo para mostrarvos como o pasamos en abril, con sorpresas mil!

Coma a Festa da primavera, que xa publicamos as fotiños… 

Pero seguimos…

Coa nova cociña que apareceu no xardín, ou o tobogán de madeira, que nos da xogo sen fin!

Experimentamos con pasta, fariña e sal…

Seguimos experimentando con colorante alimenticio tinguindo arroz e auga branca…

Tamén experimentamos con papel burbulla e témpera en papel continuo…

E continuamos coa témpera para darlle cor a unhas fermosas bolboretas.

En breves poderedelas ver revoloteando tamén pola entrada…

Seguimos coas instalacións de xogo…

E non nos olvidamos de festexar o cumple de María, que xa ten 3 aniños!

E a finais de mes tivemos dúas sorpresas á vez.

A mala sorpresa foi que Lidia marchou da aula e non sabemos ata cando. Tampouco sabemos por onde anda… Vémola tódolos días pero sempre anda apurada. E ás veces vennos visitar, pero moito tampouco se pode parar.

A boa sorpresa foi a nova titora Rosa, que é moi boíña, moi tranquiliña e mímanos un montón!

Bicoooossss!!!!

As familias da aula 3

Boas!!!!! Aquí estamos de volta, pero esta vez, para darvos as gracias pola confianza que depositades en nos deixando o noso cargo o ben mais preciado que tedes e temos todas as familias….os vosos cativos e cativas…

Este ano non quixemos deixar pasar esta celebración, ainda que non pudo ser como outras veces que vos invitábamos a participar nas diferentes actividades, esperemos que no próximo curso teñamos mais “normailidade”.

Así pois, as tutoras da aula 3, Yoli e Carmen, mandamosvos unha aperta e un detalliño para felicitarvos.

Saudos e moitos bicos.

 

ABRIL NA SALA6

Ola familias!

Como pasa o tempo e xa moitos amigos cumprimos os tres anos. Celebrámolo por todo o alto, elaboranda as tartas de cumpreanos entre todos e degustándoas sen deixar nin migaxa. Estaban boísimas. Tamén tivemos tempo para facer outras actividades e festas. Celebrámos a entrada da primavera cunha festa por todo o alto, con instalación e merendola final. Tamén plantamos alfábega e cebolas que coidamos todos os días na nosa aula e que estan a medrar moitísimo. Non nos esquecemos doutras moitas cousiñas como elborar flores con caixas de ovos para decorar a nosa árbore, circuitos de psicomotricidade, actividades manipulativas no exterior, paracaídas… Aquí tendes unha pequena mostra de todo o que estamos a traballar. Esperamos que vos gusten. Un biquiño e ata o mes que ven.