MARZO NA AULA 6

Ola familias!

Xa temos preparadas as fotos do mes de Marzo no que seguimos a traballar un montón. Realizamos diferentes actividades como coser, estimulando a nosa psicomotricidade fina, plastilina, pintar caixas de ovos, que nos serviron para decorar a nosa árbore a modo de flores e moitas máis. Seguimos sen esquecer os circuitos de psicomotricidade, que son das nosas actividades favoritas, e aproveitamos o bo tempo para facer a colada e tender roupa para secar. Foi moi divertido. Este mes comezamos a cumpir os tres anos os máis maiores e a partir do mes de Abril poderedes ver as fotos da celebración dos cumples, con tarta incluída.

Un saúdo e ata o mes que ven.

 

Aula 4 Marzo

Boas a todos e todas!

Xa están aquí as fotos de marzo e un adianto das de abril. Grazas pola vosa paciencia, esperamos as disfrutedes.

As agachadas entre moreas de telas ou papeis a tutiplén mola mogollón, aínda que as veces xurdan conflictos e choques frontais.

Os momentos carretar piñas ou estar con xogo individual seguen sendo diarios na nosa xornada.

E como non, a auga a nosa favorita, xa veredes cando chegue o verán!!!!!!

Estes bloques que amablemente preparounos o papi de Mencía dan moito de si, unidos ás ferramentas de traballo, estámonos a coverter en expertos enxeñeiros.

Os bebés en febreiro

 

Seguen pasando os meses e nós que non paramos. Ó contrario, cada vez facemos más actividades e conquistamos novos espazos como o patio grande de abaixo. Qué ben o pasamos! Celebramos o entroido, exploramos novos materiais…

Mirade qué ben o pasamos durante o mes de febreiro.

Ata pronto!