Boas tardes, familias!
Co solete comezaron a despertar as tartarugas do noso estanque, e con elas comezamos unha nova rutina: a de saúdalas e cantarlles antes de entrar na aula.
Cómo nos encanta buscalas e descubrilas entre as pedriñas, debaixo da auga e incluso tomando o sol!
Outra novidade importantísima deste mes foron os nov@s compis: Elisabeth, Alessia, María e Lois B. A este último custoulle un pouquiño máis, pero o resto adaptáronse nun plis plas!
Aquí volos presentamos experimentando con arroz, o 10 de marzo:
E seguimos experimentando ó aire libre con follas dos nosos loureiros e auga morniña…
E con outras follas, flores, xelatina…
E máis auga!
Tamén continuamos coas instalacións…
Con pelotas e aros
Con pelotas, tubos e caixas
Con papel de aluminio, algodón e outros untensilios…
E seguimos coas sorpresas!
O tobogán de madeira, os instrumentos musicais…
O chocolate!
E os nosos verdes xardíns…
Bic🏵️s!