Bos días, familias!
Non queríamos recibir a primavera sin despedir o inverno como se merece, e para iso aquí vos deixamos unhas pinceladas do que fixemos no mes de febreiro.
Preparámonos para o Entroido decorando a nosa aula cun xigante e colorido antifaz!
E cando rematou o entroido vimos a parede tan branca que decidimos decorala ó noso xeito para deixar a nosa pegada.
Decoramos a aula e tamén a nós mesmos! Con pintura facial, cos complementos da instalación de entroido, cos disfraces que trouxemos da casa para a festa…
Pero á Festa de Entroido non so levamos os nosos disfraces. Tamén levamos uns sabrosos batidos de chocolate e natillas con galletas que preparamos o día anterior.
E como non hai entroido sen roscas, orellas e filloas, collemos fariña para a peneirar e despois puxémonos a amasar!
E xa que o tema ía de fariña, tamén a usamos para facer unha instalación de xogo que comezou sendo moi interesante e acabou sendo moi divertida.
Experimentamos con fariña e tamén con pan raiado e acabamos facendo croquetas para os paxariños do xardín.
E seguimos con máis sorpresas…
como o novo recanto de médicas e enfermeiros e mil historias máis!
que divertido todo! 🙂